Lucía Santos (BNG) denuncia a falta de respecto do goberno do PP á lingua galega pola organización do evento ‘Marin Vila do Libro’
"Malia presentarse como unha cita literaria en clave galega, exclúe o tecido cultural local, entrega a organización a axentes externos e amosa unha escasa coherencia coa cultura do país"
O Grupo Municipal do BNG a través da sua concelleira e voceira, Lucía Santos, manifesta o seu desacordo coa concepción e desenvolvemento da primeira edición de “Marín Vila do Libro”, un evento que, malia celebrarse coincidindo co Día das Letras Galegas e presentarse como unha homenaxe á cultura galega, evidenciou graves carencias de contido, enfoque e compromiso co tecido cultural do país.
Tanto a programación como a ambientación foron pouco coidadas e desaxustadas ao contexto. Parte da decoración foi reciclada dun evento anterior celebrado en Pontedeume, con carteis que mencionaban esa vila, e durante toda a fin de semana expuxéronse libros en castelán e catalán, mentres a lingua galega quedaba relegada, mesmo nunha celebración presentada como tributo á súa cultura. O evento foi organizado por unha empresa catalá, cunha programación deseñada fóra de Galiza. Ademais das deficiencias organizativas e culturais, o BNG tamén cuestiona o patrocinio do evento por parte de ENCE, unha empresa que leva décadas xerando estragos ambientais en Galiza. A iniciativa anunciouse como un impulso ao comercio local, pero foi a empresa organizadora quen controlou as vendas de libros, deixando fóra as librarías da vila. Os obradoiros foron tamén encargados a empresas foráneas, sen dar cabida ao talento e profesionais locais.
“O BNG considera que “Marín Vila do Libro” podería ter percorrido como proxecto cultural se se formula con maior coherencia e con verdadeiro compromiso coa cultura galega. Entendemos que, se o obxectivo é celebrar o libro en sentido amplo, existen outras datas máis axeitadas, como o Día Internacional do Libro”, termina decindo Lucia Santos.
Marián Sanmartín, concelleira de Cultura: "Teño a sensación de que quen fala de invisibilizar o Día das Letras Galegas non deberon ler o programa en profundidade"
"E, por suposto, tampouco asistiron a absolutamente ningunha das actividades programadas"
La concejala de Cultura, Marián Sanmartín, replica las acusaciones del BNG respecto al evento ‘Marín Vila do Libro’ manifestando que “imos facer un repaso da primeira edición da ‘Marín Vila do Libro’, porque teño a sensación de que algúns que falan de invisibilizar o Día das Letras Galegas non deberon ler o programa en profundidade e, por suposto, tampouco asistiron a absolutamente ningunha das actividades programadas polo seu propio Concello. Así que, vexamos: Trece escritores e escritoras galegos que escriben na nosa lingua;. dez editoriais adicadas á edición e difusión de obras na nosa lingua e a unha libraría de Marín; cinco actuacións de cantareiras para reivindicar a súa figura e legado, como as homenaxeadas que foron neste 17 de Maio. Era abondo con coller o programa para darse conta de que a celebración do Día das Letras e a reivindicación da nosa lingua, así como a promoción e a visibilidade dos autores e autoras que crean nela foron protagonistas totais da Vila do Libro. Pero non me resisto a comentar algunhas das cousas que recolle o BNG no seu comunicado, no que demostran que nada lles vale e que a crítica só ten o obxectivo de danar políticamente, crendo que o galego e a cultura só é unha cousa do BNG. Nada máis lonxe da realidade”.
“A lingua e a cultura é cousa de todos e todas, non é algo partidista. E de feito, desde o Goberno Local analizamos as fortalezas e debilidades dunha primeira edición, que aspiramos a mellorar naquilo que sexa posible. Pero terxiversar desta maneira as intencións do evento, dicindo que pretende invisibilizar o galego cando foi todo o contrario, non o podemos aturar.
“A lingua e a cultura é cousa de todos e todas, non é algo partidista. E de feito, desde o Goberno Local analizamos as fortalezas e debilidades dunha primeira edición, que aspiramos a mellorar naquilo que sexa posible. Pero terxiversar desta maneira as intencións do evento, dicindo que pretende invisibilizar o galego cando foi todo o contrario, non o podemos aturar.
Celebramos o Día das Letras Galegas con intensidade neste 2025 e así o seguiremos facendo en 2026, apostando por programar un evento de 12 horas seguidas diarias de literatura na rúa. Pese a quen lle pese”, remata a sua exposición Marián Sanmartín..
Nota del blog: Dada su extremada extensión, sendos comunicados hubieron de ser extractados en su transcripción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario