domingo, 18 de mayo de 2025

MARÍN. CON ACENTO GALEGO. A 'FEIRA DO LIBRO USADO' CULMINA O FESTIVAL 'MARÍN VILA DE LIBRO'

Decoración dunha das rúas no 'Marín, Vila de Libro'

MARÌN. 18.05.2025. Hoxe será clausurado o Festival ‘Marin Vila de Libro’ organizado de maneira exitosa polo Concello de Marín a través da concellaría de Cultura, da que e responsable, a concelleira Marián Sanmartín.  Despois das animadas e concurridas actividades inauguradas este pasado venres e da extraordinaria conmemoración institucional onte do Día das Letras  Galegas, presidida pola alcaldesa, María Ramallo, os libros e todo canto os rodea segurián sendo os protagonistas do evento.

Como xa e tradicional desde anos atrás a Asociación de Mulleres Intercambio do Saber, que preside Puerto Pérez, abrirá hoxe na Alameda ‘Rosalía de Castro’ (de 11.00 a 20.00h) a Feira do Libro ‘Unha dorna de libros, un mar de ilusións’, unha iniciativa que xa anda pola súa undécima edición que propón “acercar a veciñanza a a lectura o tempo que se aposta pola economía circular dandolles nova vida os libros”.

O resto da programación consiste nunha serie de contacontos e obradoiros que terán lugar na Igrexa Vella (11.30), na Alameda (11.30h) e na rúa Real (12.00h).



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario