Dunha parte destaca en
primeiro lugar a proclamación de ‘Marin Vila de Libro’, unha interesante e
acertada aposta do Goberno Local na que se funden literatura, poesía, música e
artesanía, co obxectivo de promover a lectura que tanta falta fai nestes
momentos.
“O Marín Vila de Libro’ é unha
iniciativa que propón un festival literario ao grande coa pretensión de
convertelo nun referente cultural da fin de semana das Letras Galegas” segundo
sostén a alcaldesa María Ramallo.
Por outra banda non podemos
deixar de poñer o acento no II Festival das Letras que organiza a A. C. Almuinha
e o colectivo Mocidade polo Cambio co que homenaxearán ás cantareiras cunha celebración
popular de música tradicional, poesía e participación comunitaria o sábado 17
ás 19.30h na praza da Veiguiña, onde se entrelazan
a música tradicional galega, poesía contemporánea, os ritmos urbanos e o rock coa
participación activa da veciñanza.
E xa por último convén sinalar
que o venres ás 20:00h no IES illa de Tambo o Ateneo Santa Cecilia celebra o Día
das Letras Galegas coa entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do
concruso ‘Marín Conta’ en cada unha das categorías convocadas en Educación
Primaria e na ESO. O acto, para o que a entrada e libre, contará coa actuación
das Panderetiras-Cantareiras "AS FERRIÑAS".
No hay comentarios:
Publicar un comentario