Aarón Franco, presidente de ‘Almuinha’:
"Neste 2025, as Letras Galegas fan xustiza a esas mulleres anónimas, as
cantareiras, que fixeron da música unha ferramenta de identidade, resistencia e
transmisión cultural",
![]() |
Presentación do II Festval das Letras, organizado por 'Almuinha' |
MARÍN. 17.05.2025. Paralelamente as actividades programadas polo festival 'Marín, Vila de Libro', organizadas polo Concello de Marín, a música tradicional e a poesía contemporánea danse hoxe
a man na Praza da Veiguiña, onde a Asociación Cultural Almuinha e o colectivo
Mocidade polo Cambio organizan o II Festival dás Letras, que nesta ocasión
cobra un significado especial ao coincidir coa dedicatoria que a Real Academia
Galega fai ás Cantareiras,
O festival terá lugar as 19:30 e as 22:30 horas co actuación de As Pandereiteiras dá Veiguiña e a de Raquel González, cunha proposta de pandeiro e voz; ademáis dos Vos Morenos Peludos, que mesturan a música tradicional con sons contemporáneos; e os Estroinas, representantes do rock galego con potentes guitarras e letras afiadas. A poesía será o fío condutor do festival, con recitais que se intercalarán entre as actuacións musicais.(Leer información ampliada)
No hay comentarios:
Publicar un comentario