MARÍN. 23.05.2025. O Bloque Nacionalista Galego
(BNG) organiza HOXE VENRES ás 20:00 horas, na súa sede da rúa da
Veiguiña nº 7, unha conferencia titulada “Castelao: arte, política e
pensamento”, que forma parte da programación especial que a organización está a
desenvolver ao longo deste ano con motivo do 75 aniversario do pasamento de
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O acto contará coa participación de Luis
Bará, deputado no Parlamento galego, filólogo e divulgador cultural cunha ampla
traxectoria na defensa da lingua, da memoria histórica e dos dereitos nacionais
de Galiza. Foi tamén director xeral de Cultura da Xunta de Galicia e é autor de
varios ensaios sobre identidade e pensamento galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario