![]() |
| Convoca: Parroquia de Santa María del Puerto. Marín. Templo Nuevo |
![]() |
| Instalación del ''Gigantesco Colgante' que alumbrara la Plaza de España durante la Navidad. Foto: JLGP |
![]() |
| La actuación de la Banda de Música de Marin forma parte de la programación Marin Nadal 2025 |
![]() |
| El edificio del Auditorio muestra su fisonomía libre de vallas y obstáculos |
María Adrio (PSOE): "A Corporación Municipal é a lexítima representante da veciñanza e, como tal, correspóndelle impulsar calquera plan sobre un asunto tan importante para o municipio"
Xustificaciòn da abstención do PSdG-PSOE na votación a proposta do BNG, aprobada no Congreso, de 'Abrir Marín ao Mar'
![]() |
| Foto: APM |
Las alumnas del curso de cocina impartido en la
Asociación Mulleres Intercambio do Saber, que preside Puerto Pérez, recibieron con alegría de manos de la
profesora Fenanda con el diploma acreditativo del ‘máster’ realizado.
"O Congreso avala a proposta presentada polo BNG para a cesión dos espazos en desuso do Porto de Marín e os infrautilizados da Escola Naval para ampliar os espazos públicos e zonas verdes dispoñíbeis para a veciñanza" según nota informativa que nos remiten desde a agrpuación local do BNG de Marín.
O deputado da formaciòn nacionalista, consegue sacar adiante unha iniciativa na Comisión de Defensa para reclamar ao Goberno do Estado impulsar o proxecto “Abrir Marín ao Mar” e ceder de forma inmediata os espazos en desuso do porto de Marín e os infrautilizados na entrada da Escola Naval Militar. A iniciativa do BNG aprobada ten o obxectivo de aumentar as zonas verdes e os espazos públicos para uso e goce da cidadanía.
“Marín está fechada ao mar, agás en dous puntos, como consecuencia dos balados do Porto e da Escola Naval Militar. A humanización e o futuro deste espazo pasa por impulsar o proxecto de abrir Marín ao mar para a recuperación de espazos públicos e zonas verdes que conecten a vila co mar” defende o deputado nacionalista durante o debate da iniciativa. A cidadanía de Marín, enfatiza Rego, ten dereito a recuperar o acceso ao mar e esta actuación “non iría en detrimento da ENM nin do porto” senón que “aproveitaría aqueles espazos en desuso ou infrautilizados -e, por tanto, prescindíbeis- o que resultaría nun beneficio para a cidadanía ofrecendo novos espazos”.
A iniciativa do BNG, a pesar de contar coa abstención das forzas estatais -PP e PSOE-, saíu adiante e reclama ao Goberno do Estado iniciar a cesión de parte dos terreos de Portos do Estado e da Escola Naval para seren destinados a zonas verdes, de esparexemento público e favorecer a apertura de Marín ao mar.
No concreto, entre as actuacións aprobadas recóllese que o Ministerio de Transportes ceda de forma gratuíta os espazos non afectados por explotación portuaria a través dun convenio co concello de Marín e a Autoridade Portuaria que inclúa o Paseo da Avenida de Ourense, o edificio de servizos e pista deportiva, o Parque de Cantodarea (Parque Azul), o paso inferior e novos accesos á zona S‐O da zona de servizo, o dique embarcacións menores e o Paseo Alcalde Blanco.
Así mesmo, que incorpore ao expediente a dársena de embarcacións menores, da parcela resultante da demolición da nave almacén de Pérez Torres, do edificio destinado a cafetería ao inicio do Paseo Alcalde Blanco e do inmóbel de dúas plantas da Avenida de Ourense, número 86 -para destinalo a centro social do barrio do Cantodarea-.
![]() |
![]() |
| El grupo con el gerente del restaurante, Mario Castro López |
O “Grupo de Natación de Augas Abertas de Mogor”, homenaxeou este sábado o xerente do “Merendero Dos”, Mario Castro López pola súa próxima xubilación a mediados de decembro. Mario xestionou este recoñecido local de hostelería desde hai 11 anos poñendo ao servicio grupo de deportistas, o seu local como vestuario e baños para a práctica da actividade. O grupo de natación ‘Augas Abertas de Nogor’ aproveita a noticia para agradecer a concelleira de Turismo do Concello de Marín, Cristina Acuña, que siga mantendo as duchas abertas no inverno, e manteñen a solicitude de que a caseta de servicios poida estar aberta en tal época do ano co obxectivo de desestacionalizar as actividades lúdicas de praia fora de temporada de verano.
Cinco atletas del C. D. Pinarium clasificados como 'mejor equipo galego' en el Cross Internacional de Atapuerca-Burgos
Cinco representantes del C. D. Pinarium: David de la Fuente, Alejandro Rey, José A. Santiago, Andrés Rodríguez y José M. Omil; quedaron finalistas en el Cross Internacional de Atapuerca (Burgos) –celebrado este pasado domingo- consiguiendo los puntos suficientes para alzarse como mejor Equipo Galego de la cita.
![]() |
| Gráfico de como quedara la zona una vez finalicen las obras ya en marcha. |
![]() |
| La alcaldesa, María Ramallo, atiende 'in situ', las explicaciones del encargo de obra |
El debate de como ‘Abrir Marín ao Mar’ se ha reabierto con el anuncio de presentación ante el Congreso de los Diputados por parte del BNG de una proposición ‘Non de Lei’ en la que los nacionalistas piden ‘a cesión de terreos da ENM e do Porto para usos da cidadanía”.
En su día y en el pleno se
debatió una moción sobre la consecución de espacios portuarios que terminó en
una tremenda bronca y ninguna propuesta. Unos (PP) jugando al bloqueo en todo lo que
tiene que ver con ganar espacios portuarios, y los otros (BNG) queriendo
hacer de todos los temas un motivo de confrontación y discusión.
Por ese motivo los socialistas hemos dicho a las claras lo que llevamos tantos años defendiendo: que es imprescindible una nueva relación de Marín con el Puerto y con la Escuela Naval. Ambas instituciones deben entender que Marín fue tremendamente generoso con ellas y es normal y justo que reclame una mejor relación con su fachada marítima. Y eso no debe ser interpretado como un ataque a una u otra institución, sino que es un debate que se tiene que afrontar desde el respeto mutuo, con seriedad, con muchísimo trabajo, con complicidad y alejados del ruido y de la crispación. Pero es un debate y una negociación que se tiene que producir sí o sí. No nos planteamos ninguna otra posibilidad para Marín.
Sin embargo, y a pesar de producirse el debate, no hemos sido capaces de conocer las propuestas de unos y otros. Por eso los socialistas queremos dar un paso más en este debate y compartir nuestra reflexión. Una propuesta abierta al debate, a la mejora y a la negociación, pero una propuesta realista y honesta que marca una hoja de ruta y el rumbo que deberían seguir nuestras reclamaciones como corporación municipal en los próximos años.
Por eso los socialistas
instamos al PP a que salga del bloqueo y de la postura de decir no a cualquier
cuestión relacionada con el Puerto o la Escuela Naval, y en relación con
el BNG indicarle que será mucho más fácil avanzar si buscamos puntos de acuerdo
en lugar de confrontación. Desde ya mismo los socialistas nos ponemos a
disposición del resto de partidos para comenzar a trabajar, con seriedad y con rigor,
para conocer sus propuestas y ver en qué cuestiones podemos estar de acuerdo y
como abordar en el corto, el medio y el largo plazo, esta reforma
urbana imprescindible."
Posicionamiento del BNG sobre el tema. Ver enlace:
https://cousasdecarragal.blogspot.com/2025/11/marin-opinion-abrir-marin-ao-mar-abrir.html
Posicionamento do PP. Ver enlace
https://cousasdecarragal.blogspot.com/2025/11/marin-debate-sobre-proposta-do-bng-de.html
![]() |
| Foto: ELP |
Durante décadas,
a configuración do espazo urbano en Marín estivo determinada por unha lóxica de
control, de ocupación estratéxica e de beneficio unilateral. Pero esa lóxica
esgotouse. O urbanismo moderno, os principios de desenvolvemento sostible e a
propia lexislación estatal e autonómica - nomeadamente a Lei 2/2016 do solo de
Galicia e a Lei 22/1988 de costas - instan a poñer os espazos costeiros ao
servizo do interese xeral, priorizando os usos públicos, sociais, culturais e
ambientais. Non é un capricho, é unha obriga legal e política.
A apertura de
Marín ao mar suporía unha operación de reequilibrio territorial e de
democratización do espazo público. Falar de cesión gratuíta por parte da
Autoridade Portuaria ou do Ministerio de Defensa non é unha utopía, é unha
acción perfectamente viable e documentada por precedentes como os de Ferrol.
Pero require vontade política firme e aliñamento institucional.
Os beneficios da apertura litoral non son só urbanísticos ou ambientais. Son tamén económicos. A recuperación do bordo marítimo permitiría artellar un novo modelo de desenvolvemento baseado no turismo sostible, o comercio local e a creación de emprego vinculado ao lecer, á cultura e á restauración. É sabido que a posta en valor de espazos costeiros mellora a calidade de vida, incrementa o atractivo turístico e dinamiza o pequeno comercio de proximidade. En Marín, onde o tecido comercial sofre a competencia das grandes superficies e a perda de centralidade, a apertura ao mar podería representar unha auténtica palanca de reactivación económica.
A actividade
portuaria non desaparecería nin debe facelo. Pero cómpre reequilibrar os usos e
redimensionar espazos que, a día de hoxe, non cumpren funcións efectivas. Hai
terreos infrautilizados, zonas sen acceso nin funcións definidas e naves con
concesións prescindibles. Transformar estes espazos en parques urbanos, sendas
peonís, instalacións deportivas ou centros culturais non só é razoable, senón
urxente. É, en definitiva, unha expresión práctica dun modelo de vila que
aposta pola cohesión social, a sustentabilidade e a memoria.
Porque o mar en
Marín é identidade, é historia colectiva, é futuro. Non abrilo á cidadanía é
negar esa identidade. E negala é perpetuar unha inxustiza que nos empobrece a todos.
É hora de transformarmos valos en camiños. De facermos do litoral unha porta
aberta. Marín merece vivir coa súa ría, non de costas a ela. Por dereito, por
dignidade e por un futuro en común.
Posicionamiento del PSOE sobre el tema. Ver enlace:
https://cousasdecarragal.blogspot.com/2025/11/marin-opinion-reflexion-para-la-fachada.html
Posiconamento del PP. Ve enlace
https://cousasdecarragal.blogspot.com/2025/11/marin-debate-sobre-proposta-do-bng-de.html