domingo, 23 de noviembre de 2025

MARÍN. OBRAS SON AMORES. A XUNTA DE GALICIA PROXECTA A 'REHABILITACIÓN INTEGRAL DO COLEXIO DE SEIXO'

O orzamento ascende a máis de 1,1 millóns de euros e foi presentado polo conselleiro Román Rodríguez en visita o centro

Un momento da presentación do proxecto

MARÍN. 23.11.2025. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presentou este xoves no colexio O Seixo de Marín o proxecto de 'Rehabilitación integral do centro', que será licitado antes de rematar o ano para executarse en 2026. A obra inclúe a substitución da cuberta e das 182 fiestras e catro portas exteriores, a aplicación de illamento térmico nas fachadas e melloras na accesibilidade, como a instalación dun ascensor. No interior, renovaranse as luminarias, con 475 luces LED e sistemas de regulación, instalaranse falsos teitos e paneis fonoabsorbentes, e realizaranse axustes na distribución do espazo. 

O conselleiro Román Rodríguez acompañado da alcaldesa, María Ramallo, na súa recente visita o colexio de Seixo

"A previsión é que a intervención poida rematar a finais do ano que vén", avanzou Román Rodríguez que estuvo acompañado da alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos (Urbanismo) e Marián Sanmartín (Educació) que acolleron con gran satisfacción o proxecto.
O investimento da Consellería de Educación no municipio de Marín supera os 3 millóns de euros, sumando outras actuacións recentes en centros como o CEIP Plurilingüe de Sequelo-Marín, CEIP do Carballal, IES Chan do Monte e IES Mestre Landín. (Leer información ampliada)
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario