Obxectivos: Reforzar a vida comunitaria e avanzar nas melloras necesarias
na parroquia mantendo como lema común, 'xuntos somos máis fortes'
MARÌN. 16.112025. Baixo o lema ‘Xuntos somos
máis fortes’ a Asociación Veciñal de San Xulián reúnese onte na Casa da Cultura
que contou con unha asistencia que a pesar das adversas condicións climatolóxicas, fixo pequeño o aforo do local como se
pudo constatar pola cantidade rexistrada de 130 veciños e veciñas que a Xunta Rectora considera como respaldo
masivo a convocatoria” considerando ademáis “que tan elevada participación
confirma o interese da comunidade por fortalecer a representación da parroquia
e impulsar novas iniciativas”.
Durante o encontro, a xunta
rectora expuxo as liñas de traballo que está a desenvolver e recolleu
propostas, necesidades e inquedanzas trasladadas pola veciñanza. comprometéndose a búsqueda de solucións. Asimesmo presentouse o proceso de adhesión de
novos socios e socias, algo tan importante e clave “para consolidar a
actividade da entidade e asegurar unha representación sólida ante as
administracións públicas.”
Juan Carlos Sanjorge Almofrei preside a renovada xunta directiva
Composición da renovada Xunta Rectora integrada por: Juan Carlos Sanjorge Almofrei (presidente), José Luis Souto Piñeiro (vicepresidente), Vanessa Gil Villanueva (secretaria), Manuel Arias Dasilva (tesoureiro) e Lidia Recamán Crespo, Antonio Gago Pastoriza e Francisco Piñeiro Crespo (vocales)

No hay comentarios:
Publicar un comentario