jueves, 20 de noviembre de 2025

MARIN. CONMEMORACIÓN. MUSICA Y 'SAMAÍN' EN EL DIA DE SANTA CECILIA

O Ateneo organiza un concierto a cargo do grupo 'Cuerdas Atlánticas' na festividade da sua patroa (Igrexa Vella (Sábado día 22, ás 20.30h)


Con motivo da celebración do Día de Santa Cecilia, patrona da música e das artes, e do 73 aniversario da fundación da entidade o SÁBADO DIA 22 ás 20:30 h, terá lugar na Igrexa Vella  o concerto de "Cuerdas Atlánticas" (na imaxe) e, que será unha emotiva homenaxe ás persoas que forman parte do Ateneo..
“Cuerdas Atlánticas” é unha formación integrada por profesionais da música cunha sólida base académica e interpretativa, ademais dunha ampla experiencia en orquestras sinfónicas tanto a nivel nacional coma internacional. A súa proposta musical caracterízase por unha fusión novidosa entre o repertorio clásico e as tendencias actuais, o que lles permite ofrecer experiencias musicais versátiles para toda clase de público, empregando a linguaxe do cuarteto de corda.

Actuación da Banda de Música de Marín (Multiusos da Praza de Abastos, sábado 22 ás 19.00h)
Outra das actuaciones musicais programadas para o Dia de Santa Cecilia é o concerto que ofrecerá a banda a Banda de Música de Marín no Multiusos da Praza de Abastos o SABADO DIA 22 ÁS 19,00h, que será dirixida polo mestre músico, Eduardo González.

Festa do Samaín que se había aplazado recupérase no Parque de Briz (ás 18.30h)
E no mesmo día, segundo informou a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, terá lugar o “Samaín de Briz 2025” a partir das 18.30h suspendido na súa tradicional data (31 de outubro) polas fortes choivas e sen que o programa previsto sufra practicamente variación, na que se inclúe o PequeSamaín.

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario