ARTE
A artista Lidia Alarcón volve de novo a Marín coas súas 'Facianas de Muller'
Expón unha nova colección de pinturas no Ateneo Santa Cecilia a partir de HOE dia 3
HOXE ás 20:00h, terá lugar na sala do Ateneo Santa Cecilia a inauguración de “Facianas de Muller”, a nova exposición pictórica de Lidia Alarcón Pazos. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
Nesta mostra, a artista presenta un conxunto de rostros femininos que amosan a diversidade, a beleza e a vitalidade das mulleres, destacando a súa mensaxe a través de cores intensas e a forza expresiva das súas obras. Residente en Marín dende hai 24 anos, Lidia é unha pintora autodidacta cuxa paixón se remonta á infancia, cando xa destacaba nas materias de debuxo. Actualmente compaxina a pintura no seu fogar coas clases en Céltica Marín ArteCultura.

Cabe destacar que Lidia Alarcón xa expuxo con anterioridade no Ateneo, cunha excelente acollida por parte do público. A exposición estará aberta desde a día 3 ao 14 de novembro. Poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 h a 20:30 h.

No hay comentarios:
Publicar un comentario