Actuación convocada polo BNG que permitirá á veciñanza apoiar unha proposta histórica para poder recuperar a franxa litoral da nosa vila"
Lucia Santos, concelleira portavoz da formación nacionalista marinense: "A reconquista do bordo
litoral, hoxe ocupado de forma sobredimensionada por instalacións militares e
portuarias, non é unha demanda estética nin folclórica, é unha cuestión de
dereitos, de xustiza territorial e de proxecto de futuro
![]() |
| 'Háblame del mar marinero, háblame del mar, Desde mi ventana no puedo yo verlo, desde mi ventana el mar no se ve..." (R. Alberti) Foto: CM |
O Bloque Nacionalista Galego
(BNG) anuncia o lanzamento dunha campaña de recolllida de sinaturas para, según
explican, “instar ao goberno estatal ao cumprimento da proposta aprobada no Congreso,
para a recuperación de espazos da ENM e Porto para uso público.”
A formación nacionalista
valora que “por primeira vez na historia, a política estatal recoñece que Marín
ten dereito a recuperar o seu litoral” polo que a primeira mesa informativa
para a recollida de sinaturas estará dispoñible HOXE DOMINGO DIA 18 de 12 a 14
horas na Alameda ‘Rosalía de Castro’.
Desde a formaciòn nacionalista marinense sosteñen que "abrir Marín ao mar é unha
iniciativa do BNG para recuperar os espazos do litoral que hoxe están pechados
á cidadanía sen cumprir unha función pública real. Trátase de devolver á
veciñanza parte dos máis de dous quilómetros de fronte marítima, para poder
crear novos espazos públicos, verdes e accesibles, unha oportunidade para
tranformar Marín nunha vila máis viva, sostible e con futuro." (Leer informaciòn relacionada)

No hay comentarios:
Publicar un comentario