O mal estado do lavadoiro público de Soaxe-Seixo mobilizou a un grupo de veciños que reclaman ao Concello de Marín o seu arranxo, unha solución que non chega a pesar de, segun explica a veciña Teresa Gayo, a existencia de conversas mantidas co concelleiro do Rural, Pablo Novas, e da presentación dun escrito avalado por 820 firmas esixindo a reparación da popular edificación que forma parte do patrimonio histórico da parroquia.
"O concelleiro señor Novas me dixo que non se podian destinar cartos para esa obra, xa que a técnica non deu luz verde ao presuposto."
![]() |
| A veciña, Teresa Gayo, presentaba por Rexistro Municipal, no mes de setembro do ano pasado o escrito coas 820 firmas que reclaman o arranxo do lavadorio. |
"Fai un par de anos entereime
que os veciños de Soaxe, donde eu vivo, tiñan un grupo de wassap donde falaban
das cousas que incumben a veciñanza, e que a través de él quedában para limpar
o lavadoiro. A primeira vez que puden acercarme a unha reunión dos veciños para
falar do penoso estado do lavadoiro entereime que xa levan anos falando co
concelleiro de turno, creo que é o do rural, Pablo Novas, do cal o único que
conseguiron foi que algunha vez o viñesen a limpar desde o Concello.
Actualmente o lavadoiro está
a sufrir un movemento das pedras da súa base, quedando comprometida a súa
estabilidade a medio-longo prazo. Tras falar todos os veciños decidimos
presentar un escrito por Rexistro, solicitando oficialmente o seu arranxo. Despois
de ir porta a porta recollemos 820 sinaturas apoiando a nosa petición que presentamos o 23 de setembro de 2025 a que non tivemos resposta, e houbemos de
chamar nos por telófono para falar co señor Novas, concretamente o 7 de
novembro de 2025 o que sí, me devolveu a chamada, pero non se dignou a
respostarnos por escrito, vése que unhas simples 800 firmas non son suficiente.
Na conversa que mantivemos
por teléfono co citado señor Novas me indicou que o Concello ten os permisos sacados
con Augas de Galicia e que solicitaran unha prórroga para arranxalo en xaneiro. Tamén me dixo que non se podian destinar cartos para esa obra, xa que a técnica
correspondente non deu luz verde ao presuposto. Nesas datas viñan de aprobar os
Fondos FEDER 6,5 millons para proyectos, e pregunteille por eses fondos, ao que
me dixo que esa partida non era aplicable ao arranxo da presa.
Xaneiro está por rematare e
o estado do Lavadoiro cada vez está peor. Tradicionalmente as nosas nais,
avoas, tias... ían lavar alí a roupa, eu por idade recordo ir con elas coas
mantas e colchas, xuntarnos todos os veciños arredor do Lavadoiro.
Remitido: Teresa Gayo. Marín, 26 de xaneiro de 2026.



No hay comentarios:
Publicar un comentario