miércoles, 14 de enero de 2026

MARÍN. POLITICA MUNICIPAL. AÑO PREELECTORAL. O PATRIMONIO HISTÓRICO CULTURAL A VISTA DO PP E DO BNG

María Ramallo valora positivamente a modificación da Lei de Patrimonio Cultural impulsada pola Xunta de Galicia
“Grazas á nova redacción legal as entidades locais poden autorizar intervencións menores para axilizalas, o que aumenta a rapidez na xestión e dá resposta ás necesidades da cidadanía"


A alcaldesa de Marín, María Ramallo, valorou onte de forma moi positiva a modificación da Lei de Patrimonio Cultural, impulsada pola Xunta de Galicia, despois de participar na xornada de explicación da mesma que levou a cabo o conselleiro José López na cidade de Pontevedra para todos os municipios da área.
“A clave de todo é axilizar”, asegurou a rexedora marinense, “mantendo sempre o rigor na protección patrimonial dos elementos que teñen interese cultural”. Coa modificación da lei, poderán ser os propios concellos os que autoricen pequenas intervencións nas que haxa afectación, como limpezas de fachadas, renovación de pavimentos ou reparación de vías, entre outras.
“Grazas á nova redacción legal as entidades locais poden autorizar intervencións menores para axilizalas, o que aumenta a rapidez na xestión e dá resposta ás necesidades da cidadanía. Ademais, garántese o cumprimento de prazos de execución cando os Concellos impulsan proxectos que dependen de fondos externos” recalcou María Ramallo.

O Grupo Municipal do BNG insta ao Goberno Local a concorrer a convocatoria de axudas a proxectos de posta en valor do Patrimonio Histórico
"Para protexer, divulgar e facer accesible un patrimonio único, ao tempo que  impulsar un modelo de desenvolvemento cultural e turístico sustentábel para Marín”


O BNG levou á Comisión Informativa de Promoción Económica e Patrimonio unha proposta para que o Concello de Marín concorra á convocatoria do programa estatal do ‘Dous por cento Cultural’, impulsado polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, co obxectivo de financiar actuacións de conservación e posta en valor do patrimonio histórico.
Lucía Santos considera concorrer á convocatoria polo que “suporía unha oportunidade clara para protexer, divulgar e facer accesible un patrimonio único, ao tempo que se impulsa un modelo de desenvolvemento cultural e turístico sustentábel para Marín.”
En tal sentido a concelleira nacionalista en nome do BNG “insta ao goberno municipal a aproveitar esta convocatoria e presentar un proxecto rigoroso que permita acceder a estes fondos estatais e avanzar na conservación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico de Marín.”

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario