O Grupo Municipal do BNG reclama ao goberno local (PP) manter naturalizado o Vial de Praias para preservar a paisaxe
litoral
Lucía Santos solicitou
aclaracións sobre o tipo de material que finalmente se vai empregar no Vial de insistindo en que unha senda destas características debería adaptarse á
contorna natural e evitar o uso de materiais urbanos
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) trasladou ao
Grupo de Goberno (PP) a través da Comisión Informativa de Urbanismo varias
dúbidas sobre os materiais previstos no proxecto do Vial de Praias, actualmente
en execución.
Según o fai saber a portavoz nacionalista, Lucía
Santos, “o vial de praias existente até agora estaba realizado en xabre, un
material que permite manter a integración paisaxística e o carácter natural do
contorno polo que discorre a senda. Porén, según o recolle o Proxecto do Itinerario
Litoral para a Mobilidade Sostible, só o tramo comprendido entre a última
entrada da ENM e Portocelo figura como “senda naturalizada”, indicando como
material a empregar xabre ou granulado estabilizado.
Nos demais treitos -desde o antigo hospital até a
entrada final da ENM, e desde o miradoiro de Portocelo até a praia de Mogor-, o
proxecto contempla o uso de baldosas ou formigón, a pesar de que actualmente
eses tramos se atopan tamén naturalizados con xabre.
Manuel Santos, concelleiro de Urbanismo responde a Lucia Santos "non ter constancia do uso de baldosas na execución da obra"
Pola súa parte, o concelleiro que preside a comisión
de Urbanismo, Manuel Santos, ante as preguntas do BNG, asegurou non ter constancia da utilización de
baldosas na execución da obra, aínda que se comprometeu a revisar o proxecto,
no que efectivamente aparece recollida esa previsión. (Leer máis información)


No hay comentarios:
Publicar un comentario