viernes, 30 de enero de 2026

MARÍN. AXENDA DO DÍA. HOXE A MESMA HORA. O DEPUTADO NÉSTOR REGO NO MUSEO E O ARTISTA SEBASTIÁN GRANDE NO ATENEO

O Museo Manuel Torres acolle unha charla sobre o proxecto impulsado polo BNG de 'Abrir Marín ao Mar'
O acto contará ademais coa participación da concelleira portavoz do Grupo Nacionalista, Lucía Santos

O deputado Néstor Rego, durante unha visita a Marín.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebra HOXE VENRES, ás 20:00h, no Museo Municipal Manuel Torres, o acto público “Abrir Marín ao mar, recuperar o noso”, para explicar o proxecto Abrir Marín ao Mar e abrir un espazo de información e debate sobre a recuperación do litoral de Marín. No acto intervirán Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, e Lucía Santos, voceira do BNG de Marín. Rego abordará o papel das institucións estatais, mentres Santos explicará a posición e as propostas do BNG para a vila. O acto celébrase tras a aprobación no Congreso dos Deputados dunha iniciativa que insta o Goberno do Estado a iniciar o proceso de cesión dos terreos, un respaldo político previo que abre unha oportunidade para avanzar na recuperación da beiramar. (Leer máis)

O artista pintor Sebastián Grande inaugura 'Recordos' na sala do Ateneo Santa Cecilia (Hoxe ás 20.00h)


O Ateneo Santa Cecilia será HOXE ÁS 20.00h marco da inauguración da mostra ‘Recordos’ do pintor Sebastián Grande Santos. A entrada é libre ata completar aforo. Na mostra, “o artista, según lo explica, presenta un conxunto de obras sobre a súa vida que nacen dunha necesidade de preservar o pasado. O que comezou como un xeito de salvagardar os seus recordos revelouse como o descubrimento dun don para a pintura. A exposición estará aberta ata ao 13 de febrero e poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00h a 20:30h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario