viernes, 14 de febrero de 2025

MARÍN. AXENDA DO DÍA. EUSEBIO RIVERO VEIGA RECIBE HOXE O NOMEAMENTO DE 'ARTISTA MARINENSE DO ANO'

O artista marinense Eusebio Rivero Veiga será nomeado hoxe Artista Marinense do Ano, “un distintivo que se leva impulsando xa varios anos desde o Concello de Marín para poñer en valor as traxectorias daqueles artistas con ADN marinense que colocan a esta vila no mapa.”, según explican desde el Goberno Local. O nomeamento, proposto co asesoramento do comisario da exposición, o pintor marinense Antón Sobral, farase efectivo hoxe durante a inauguración da exposición 'CONFLITO' que terá lugar ás 20.00h no Museo M. Torres

Eusebio Rivero Veiga Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, e conta cunha longa traxectoria artística, e con numerosas exposicións, premios e recoñecementos, como o de Novos Valores da Bienal de Pontevedra ou o Pintor Laxeiro, de Lalín, entre outros. Ademais de artista, é docente de Ensinanza Secundaria e Bacharelato.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario