martes, 11 de febrero de 2025

MARÍN. MANUEL SANTOS (PP) VS. MANUEL PAZOS (PSOE). "QUEN FIXO TODOS OS APARCAMENTOS DISUASORIOS, O PP. QUEN CONTA AS PRAZAS, O PSOE" REMITE. MANUEL SANTOS COSTA


O concelleiro portavoz do Grupo Municipal do PP, Manuel Santos Costa,  replica as declaraciòns do Grupo Municipal do PSOE, feitas a través do seu concelleiro Manuel Pazos Lamoso, publicadas recentemente (dia 1 do mes encurso) acusando o Goberno Local "de inflar o número de prazas de aparcamentos disuaorios..."

"É máis fácil, cínico e oportunista botarlle toda a culpa á alcaldesa e ao equipo de Goberno que ser coherente coas políticas urbanas que si defenden para outros concellos"

"A pasada semana, levámonos unha gran alegría no PP de Marín ao saber que por fin o señor Pazos Lamoso dános a razón en todo o que levamos defendendo en materia de estacionamento. Recoñece que este equipo de Goberno xerou un gran número de prazas de aparcamento novas no centro, concretamente 940 prazas, ás que habería que sumar as dos aparcamentos novos de zonas máis afastadas, como Carballal, Chan do Monte e as dúas parcelas de Seixo. Ademais, lemos nas redes sociais que o portavoz socialista súmase (sen tempo non era) á realidade que levamos argumentando nestes últimos meses. 
Os datos que dá son practicamente iguais aos que demos desde o PP. En Marín hai 1.600 coches máis que hai dez anos e, como ben di o señor Pazos Lamoso, é ese e non outro o orixe dos problemas que nos atopamos neste momento. É máis fácil, cínico e oportunista botarlle toda a culpa á alcaldesa e ao equipo de Goberno que ser coherente coas políticas urbanas que si defenden para outros concellos.  

"De novo, o PSOE de Marín quere para outros municipios o que non quere para o noso"

Desde o equipo de Goberno tratamos de impulsar melloras para todos os veciños e veciñas de Marín, con mellores rúas, entornos urbanos máis agradables e que permitan ir con seguridade, pasear, fomentar as compras... 
Todo iso supuxo a eliminación de 300 prazas de aparcamento. É dicir, que ademais de mellorar as rúas e gañar espazo para os peóns, creamos 640 prazas novas para aparcar. Pode ser que non sexan suficientes, pero é imposible defender unha política urbana na que cada coche rexistrado no municipio teña un sitio para aparcar na rúa, que é de todas e todos. Nós gobernamos para chegar a un equilibrio e somos coherentes. 

"¿Usar o aparcamento subterráneo do antigo Mercadona? Unha idea sen desenvolver, sen estudo e sen proposta clara de xestión..."

Desde o PSOE, non houbo nin unha soa proposta sólida e realista para mellorar en materia de mobilidade. ¿Usar o aparcamento subterráneo do antigo Mercadona? Unha idea de bombeiro sen desenvolver, sen estudo e sen proposta clara de xestión da instalación. Que fácil é lanzar redes ao mar se non importa volver con elas ou non no barco. ¿Endeudarnos nun millón e medio de euros en crear 60 prazas no límite con Pontevedra? Nin é viable nin resolve o problema no casco urbano. E non olvidemos que desde o PP apostamos por crear unha Mesa de Traballo con todas as forzas políticas da Corporación para abordar solucións de mobilidade e de aparcamento da que o PSOE desmarcouse. 

"Opinan nas redes, argumentan con medias verdades e ensucian o debate público"

Pero traballar de maneira seria e cunha xestión real, iso non. Niso non están interesados. Aínda así, celebramos de verdade que Pazos Lamoso entenda por fin cal é a situación e que recoñeza todas as prazas que creamos. Seguiremos traballando nisto, como co novo aparcamento de José do Río posto en marcha a finais de 2024 e as novas parcelas de Inferniño que estarán listas nas próximas semanas. 

Fdo. Manuel Santos Costa Portavoz do PP de Marín

No hay comentarios:

Publicar un comentario