“Hai que denunciar os casos para pór nome ás inxustizas contra o galego” ![]() |
A escritora Elsa Quintas Alborés, achégase hoxe o Museo M. Torres a falar sobre a Lingua Galega |
MARÍN. 21.02.2025. O Museo Manuel Torres acolle HOXE ÁS 20.00h o coloquio "O galego: unha lingua que vale para
todo", unha conversa aberta que contará coa participación de Elsa Quintas Alborés, avogada, activista da Normalización Lingüística do galego e escritora, ademáis de vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, e Xosé Antonio Pazos,
profesor do CEIP Sequelo. O evento, que se enmarca dentro das iniciativas de
reflexión sobre o estado da lingua, "pretende afondar na súa situación actual,
as perspectivas de futuro e a súa plena validez como idioma útil" e está organizado polo colcetivo cultural 'Almuinha', que preside o nacionalista Xurxo Agra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario