jueves, 20 de febrero de 2025

MARÍN. REPLICANDO QUE ES GERUNDIO. LA ALCALDESA MARIA RAMALLO JUSTIFICA EL CANÓN APLICABLE AL USO DE LA 'DÁRSENA DAS CHALANAS'

"A Lei estatal de Portos do Estado obriga a que os concellos paguen un canon por los espazos que se ocupan e se utilizan a nivel público"
María Ramallo replica: "O PSOE e o BNG minten cando din que non sabían nada da taxa e non lles pareceu que fora unha aberración ata que saltou á opinión pública, para agora utilizano políticamente. Se non, por que non alegaron contra ela?


La alcaldesa María Ramallo ha emitido un comunicado en el que replica extensivamente las protestas de los grupos de la oposición PSOE y BNG sobre el canon que el Concello de Marín debe de pagar a la Autoridad Portuaria por el uso náutico-deportivo de la dársena de las embarcaciones menores del Puerto de Marín.
 
"O Goberno local leva traballando nos últimos dez anos en tratar de mellorar os espazos cedidos en uso á cidadanía por parte do Porto de Marín, tanto en superficie como no seu estado, o Paseo Alcalde Blanco e a Avenida de Ourense son boa parte delo. É importante recordar que na parcela da Praza de España gañáronse metros para o estacionamento, ordenouse toda esa zona e creouse unha barriga máis ampla na zona de acceso ao Paseo Alcalde Blanco. Agora, unha parte desa parcela permite ubicar o Auditorio de Marín, e seguimos avanzando para conseguir mais metros no arranque do paseo.
Tamén se gañou o local do Parque Azul no que puxemos en marcha o Espazo Emprendedor, bonificado ao 100% e polo que non se paga ningunha taxa, e o *local de hostalaría que construimos coa remodelación do Paseo Alcalde Blanco pagando as tasas que nos corresponden pola súa explotación.Nestes momentos, temos solicitado á Autoridade Portuaria que nos ceda o outro local de hostalaría para que a concesión poida ser municipal, que pagará tamén as tasas correspondentes, despois de realizar os correspondentes estúdios económico financeiros. 


"Nestes momentos estamos en proceso de crear as nosas piscinas naturais de auga salgada na antiga dársena portuaria para, unha vez máis, ganar espazos de calidade para a cidadanía e recuperar medio ambientalmente un lugar que se atopaba degradado e contaminado e que agora poderá ser utilizado para actividades náutico-deportivas e recreativas"

En todos estes casos, (a excepción do Espazo Emprendedor) a Lei estatal de Portos do Estado obriga a que os concellos paguen un canon por eses espazos que se ocupan e que se utilizan a nivel público. A oposición coñece perfectamente esta lei, xa que hai canons que levamos pagando desde hai anos 
Isto acontece exactamente igual en todos os concellos que contan cun Porto de Interese Xeral do Estado: Vigo, A Coruña, Vilagarcía e Ferrol.O prego que regula a concesión da dársena entre o Porto e o Concello reflexaba perfectamente o canon a pagar: en torno a 13.000 euros ao ano, que xa inclúen a bonificación do 50% que negociou o Concello coa Autoridad Portuaria, xa que se nón teríamos que pagar o dobre.
Tanto o PSOE como o BNG fixeron alegacións a este prego, pero NINGUNHA relativa ao canon. Así que, minten cando din que non sabían nada da taxa e non lles pareceu que fora unha aberración ata que saltou á opinión pública, para agora utilizalo políticamente. Se non, por que non alegaron contra ela 

Este Goberno quere seguir mellorando a integración entre o porto e a cidade e achegando Marín ao mar. A lei estatal actual non nos permite facelo doutra maneira. Temos que pagar canon por estes espazos mentres non haxa unha reversión dos terreos, como sucede en calquera porto de España. Que nos parece que pagamos unha cantidade importante polas concesións, autorizacións e tasas ao porto, de acordo, pero estas son as regras do xogo, o concello quere poñer en valor todos estos espazos, e para invertir neles, neste caso hai que ter o título que o habilita que é a concesión deste espazo por 50 anos.  A lei é o que dí, e en consecuencia seguiremos remando para ter este espazo mellorado e cun valor engadido que é importante. 

Engadir finalmente que esta obra cústalle 0 EUROS AO CONCELLO, xa que vai financiada ao 100% polos fondos europeos do Plan de Sostibilidade Turística que conseguiu este Goberno grazas á súa xestión e a ter unha estreatexia integral, coherente e con proxectos maduros pola que Europa decide apostar nos seus investimentos, ampliando incluso a financiación en 300.000 euros para toda a urbanización do entorno da dársena.
Desde o Concello sempre exploramos todas as possibilidades que nos da a normativa para poder dispoñer dos térreos de domínio público, a outra opción era non facer nada, e eso para este equipo de governo non é unha opción.Convenios de cesión, concesións, autorizacións, desafectacións e reversións, son as figuras estudiadas para seguir caminando, e neste camino animamos a todos a continuar."


 

2 comentarios:

  1. Resumindo, esta obra que se "emperrou" en facer o partido do goberno municipal de forma unilateral, -non quero pensar que andan fíos interesados por detrás-, vainos a costar, de momento,13.000 euros o ano pagados por todos os marinenses, veremos si con "IVE" ou sin el, e tamén veremos si o segundo ano ten subidiña ou non. O IPC teranno en conta ou non?. Pero bueno, cos cartos dos demáis calquera fai negocio, e como tamén abunda algunha xentiña que comulga con rodas de muiño, así nos vai.

    ResponderEliminar
  2. Sempre o mesmo,temos un gobernó local que está facendo verdadeiras barbaridades,despilfarrando o que non Temos e acabando coa pouca prosperidade que nos quedaba.Temos un ambulatorio que e un lixo, aparcamento disuasorio no cu do mundo ,e xa case non Temos comercio e

    ResponderEliminar