O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Manuel
Pazos Lamoso, explica as razóns do voto negativo do seu grupo a proposta do BNG de poñerlle o nome de Castelao o Auditorio.
Manuel Pazos, portavoz do PSOE: "Apostamos por un nome de Marín, un nome que nos permita recordar e por en valor a persoas da nosa cultura, da nosa música, da nosa historia"
Motivos: Non apoiamos a proposta de
porlle o nome de “Castelao” ao auditorio por dous motivos principais. O
primeiro, porque debe existir un certo consenso social e político, e para iso é
imprescindible facer partícipe e escoitar as propostas dos colectivos e asociacións
de Marín e tamén do resto dos grupos políticos.
E o segundo é que consideramos que Castelao é unha
figura con números e merecidos recoñecementos ao longo de toda Galicia. Que o
centro cultural de Marín leve o seu nome pouco aporta a por en valor a súa
figura, ampliamente coñecida e respetada.
Participación e
consenso: Na
nosa opinión debemos apostar por un nome propio de Marín, un nome que nos
permita recordar e por en valor a persoas da nosa cultura, da nosa música, da
nosa historia… E que ese nome veña avalado pola participación e o consenso,
feito que agora mesmo non sucede. Por eso nos gustan tanto os nomes de paseo
Alcalde Blanco, biblioteca Vidal Pazos, xornadas Blanco Freijeiro ou Museo
Manuel Torres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario