lunes, 24 de febrero de 2025

MARÍN. FESTAS E TRADICIÓNS. PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO DE MARIN 2025


O Concello de Marín presentou a programación de actividades do Entroido 2025, que se extenderá dende o vinidero venres 24 de febreiro ata o 23 de marzo, según o deron a coñecer a concelleira de Festas, Marián Sanmartín e o concelleiro teniente alcalde, Manuel Santos, quenes destacaron que o cartel anunciador do Entroido Marin 2025 e obra da ilustradora Julia Lago e a colaboración na programación das diversas entidades culturais e sociais do municipio. 
 
PROGRAMACIÓN DESTACADA

O Entroido de Marín arranca coa Exposición Fotográfica do Entroido no Ateneo Santa Cecilia, que permanecerá aberta ata o 14 de marzo e as charlas sobre o Enterro da Sardiña nos centros educativos.
O 28 de febreiro, o Entroido Solidario terá lugar no Multiusos, con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras, organizado pola Asociación No Estamos Solos. Xornada na que os Cantos de Taberna encherán de música os bares da cidade, e o Ateneo acollerá unha conferencia de Manuel Dopazo sobre os Entroidos.
O 1 de marzo, o Desfile Infantil tomará as rúas de Marín, partindo da Alameda e rematando no Parque Eguren, onde terá lugar a Gran Festa Infantil con música, animación, obradoiros e filloas de balde.
Xa o 2 de marzo, o Desfile de Adultos será o gran protagonista, con comparsas, disfraces e carrozas que percorrerán as rúas da vila ata o Parque Eguren, onde se entregarán os premios.
O luns 3 de marzo, o Velorio do Enterro da Sardiña terá lugar no Concello, mentres que a Lameiriña acollerá a Festa do Merengue e unha festa infantil animada por DOLCEVITA. Ademais, o Museo celebrará unha tarde de Ludoxornadas.
O 4 de marzo, o 1º Torneo de Chave Enterro da Sardiña terá lugar nos Campos de Petanca Municipais, e o Ateneo acollerá a Entrega de Premios do Concurso de Orellas e Filloas.



O 5 de marzo, Mércores de Cinza, o Enterro da Sardiña será o acto central, co tradicional velorio no Palco da Música e a saída do cortejo, que percorrerá as rúas da vila ata a Praza do Reloxo, onde se despedirá cun pregón.
O 8 de marzo, a parroquia de Seixo celebrará o seu propio desfile de Entroido, cunha homenaxe á Burra Chirica e unha animada sesión de música e baile.
Finalmente, o 23 de marzo, o Desfile de Entroido de San Xulián, organizado pola Comparsa Os da Caña, pechará as festas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario