lunes, 30 de junio de 2025

MARÍN. AGENDA DEL DÍA. PROMOCIÓN DEL COMERCIO LOCAL.

O comercio marinense pon en marcha a campaña veraniega 'A Semana Estrela' coa participación dunha treintena de establecementos locais


tro Comercial Aberto Estrela de Marín presentou a campaña "A Semana Estrela", unha iniciativa que encherá as rúas da vila de actividade comercial e lúdica a partir de HOXE LUNES DÍA 30 ao 4 de xullo, coa participación de 27 establecementos locais convertidos en Puntos Outlet. No acto, estiveron presentes a Concelleira de Turismo e Comercio Dª Cristina Acuña e o Director Xerente do CCA Estrela de Marín D.Yonathan Carreira (na imaxe). Durante esta semana especial, a clientela poderá beneficiarse de importantes descontos e participar no sorteo de 1.000 euros en tarxetas regalo, simplemente rexistrando os seus tickets de compra na web de Estrela de Marín entre o 30 de xuño e o 4 de xullo. O sorteo será presencial e celebrarase o venres 4 de xullo no Multiusos da Praza de Abastos ás 20h. coincidindo co peche da campaña. (Leer más)

No hay comentarios:

Publicar un comentario