Coincidindo hoxe co
aniversario do seu nacemento a figura do noso pintor máis relevante, Manuel
Torres Martínez (17 de xuño, 1901- 10 de maio, 1995) será posta en valor da man do Consello da Cultura
Galega, cunha xornada na que redescubrir a súa obra, con un acto que se
celebrará en horario de 17.00 a 20.00 horas baixo o titulo “Manuel Torres, o
renovador descoñecido”, actividade enmárcada dentro do ciclo “Revisando a nosa
arte”, que ten por obxectivo revisitar a
traxectoria creativa do pintor marinense. O 'escenario' da xornada será o Museo que leva o nome do conmemorado.
Na xornada participarán varios
relatores, que irán centrando as súas conferencias en distintos momentos da
vida do insigne artista marinense, entre eles: Carlos L. Bernández, comisario
de exposicións, crítico de arte e académico da Real Academia Galega de Belas
Artes e Ramón Rozas, escritor e critico de arte. A xornada rematará cunha mesa
redonda á que se incorporarán, o pintor marinense Antón Sobral, quen mantivo
unha relación persoal co propio Manuel Torres, e Ángeles Tilve, directora do
Museo de Pontevedra. A entrada á xornada é completamente libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario