CULTURA E ARTE
A artista Helena Ayape expón a súa colección plástica 'Me sube la bilirrubina' (Ateneo Santa Cecilia, hoxe ás 20.00h)
O Ateneo Santa Cecilia acolle a partir de HOXE ÁS OITO DA TARDE -hora de inauguración- a mostra ‘Me sube la bilirrubina’ da artista multidisciplinar, Helena Ayape, (artista plástica, fotógrafa e escenógrafa) “andaluza de nacemento e galego-luguesa de corazón” como ela di sentirse, que leva máis de vinte anos compatibilizando ejercitando a arte coa docencia na cidade de Lugo. A exposición consta de diversas obras “pintadas dun xeito meticuloso e coidado tanto en óleo como en acuarela que mostran unha ampla variedade de pratos doces e salgados”
CULTURA TEATRO
A A. C. Almuinha estrea a obra teatral 'Listo para sentenza' (Museo M. Torres, hoxe as 20.00h)
O ex concelleiro marinense Aarón Franco, e presidente do colectivo organizador, forma parte do elenco dos intérpretes
A Asociación Cultural Almuinha anuncia a estrea da obra teatral “Listo para sentenza”, que terá lugar HOXE ÁS OITO DA TARDE no Museo Manuel Torres de Marín. A entrada será de balde ata completar aforo. Dirixida por Omar Ferrín e escrita por Sergio Macías, esta comedia sarcástica conta cun elenco formado por Aarón Franco, Elena Lameiro, Antía Rey, Carmen Xestido e Víctor Casal, integrantes do grupo teatral da Asociación Cultural Almuinha. Trátase dun proxecto que xorde do esforzo colectivo e a paixón polo teatro, despois de meses de intenso traballo e ensaios.
DEPORTES
El IX Torneo 'Antonio Suárez de futbol sala reúne hoy a una veintena de equipos
Marín tiene todo dispuesto para la celebración HOY VIERNES del IX Torneo Internacional Antonio Suárez de Fútbol sala, un evento organizado por el Marín Futsal que reúne a más de una veintena de clubes entre los días 20 y el 22 en las sedes oficiales del evento, los pabellones de A Raña, O Sequelo, A Laxe, San Narciso y San Pedro, donde se disputarán partidos de todas las categorías base, desde prebenjamines hasta juveniles. El ‘Antonio Suárez’ es una de las citas más importantes del fútbol sala base a nivel nacional e internacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario