O Concello de Marín fai público un bando con todas as indicacións e obrigas para que os cemiterios teñan unha boa presenza e ornato, cara a chegada do Dia de Difuntos.
Este bando poderá consultarse nos cemiterios e recolle as seguintes disposicións, nas que se lembra as pautas de comportamento que toda a veciñanza debe cumprir e respectar.
1.- LIMPIEZA E DECORO DAS EDIFICACIÓNS. As/os propietarios dos panteóns, procederán á limpeza dos terreos, sepulturas e nichos e ó pintado dos panteóns que non se atopen nas debidas condicións estéticas e de armonización co resto dos panteóns do entorno, sempre poñendo en coñecemento das actuación a levar a cabo ó persoal encargado do cemiterio.
2.-DISPENSA LICENZA DE OBRAS. Co obxecto de fomentar a limpeza e decoro dos cemiterios municipais, quedarán dispensados da respectiva licenza para este efecto, polo tanto das taxas correspondentes, sempre que estas sexan executadas entre o 1 de outubro e o 1 de novembro.
3.- HORARIO. A visita ó recinto poderá realizarse, respectando as normas establecidas ó efecto, durante o horario de apertura habitual, que os días 31 e 1 verase ampliado de 8.00 a 20.00 horas.
4.- NORMAS DE CONDUCTA. Dentro dos cemiterios municipais as/os usuarios e visitantes deberán manter en todo momento o respecto axeitado ós demais usuarios/as e visitantes así como ás características do recinto.
En todo caso, a celebración do Día de Defuntos será susceptible de ter medidas extraordinarias segundo sexa a situación sanitaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario