sábado, 19 de septiembre de 2020

MARÍN. SESIÓN DE AUTOCINE PARA DINAMIZAR O CONSUMO NO COMERCIO E HOSTALERÍA LOCAL

Sesión de autocine para dinamizar o consumo no comercio e a hostalería local
Tera lugar o vindeiro 10 de outubro no relleno da Praza do Regueiro-Cantodarea e os tickes podénse adquirir nos establecementos comerciais a partir de hoxe. O aforo será de 80 vehiculos
Ilustración de un autocine

MARÍN. 20.09.2020. O Concello de Marín a través das Concellarías de Cultura e de Turismo, organiza sesións de autocine para o vindeiro 10 de outubro, “unha iniciativa coa que se busca ofrecer unha experiencia cultural única aos consumidores máis fieis do comercio e da hostalería locais da nosa vila, xa que as entradas conseguiranse acumulando, de aquí ao 7 de outubro, un total de 50 euros en tickets de compra”, segun informaron concelleiras de Cultura, Beatriz Rodríguez, e de Turismo, Cristina Acuña, na presentación onte da actividade que pretende ser“unha campaña de dinamización comercial coa que axudar ao comercios local para manter a súa actividade económica en momentos complexos como o que estamos a vivir”.
A campaña está ligada á plataforma de dinamización dixital da economía local Marín en Rede. De feito, será nos máis de 140 establecementos adheridos a esta plataforma nos que os marinenses poderán realizar as súas compras para ir sumando gasto até completar o necesario para ter dereito a unha entrada.

As concelleiras de Turismo, Cristina Acuña e de Cultura, Beatriz Rodríguez
 no acto de presentación (Foto CM)
“Desde hoxe e até o mércores 7 de outubro, aqueles que queiran conseguir unha entrada terán que gardar os tickets das compras que realicen nos establecementos adheridos a Marín en Rede. Unha vez acaden os 50 euros de gasto, poderán completar o formulario que atoparán na páxina web de Marín en Rede, onde terán que poñer os seus datos, a matrícula do coche co que se asistirá ao autocine e adxuntar unha foto de cada un dos tickets. Unha vez feito isto, recibirán a súa entrada para o autocine”, explicou a edil de Cultura. La película a proyectar será Joker. 2019. Drama. Thriller.
Cada entrada correspóndese cun vehículo, habendo un aforo máximo na Praza do Regueiro para 80 coches. As entradas dispensaranse por orde de inscripción dos formularios até que se remate o aforo. O gasto comercial pode facerse nun único ticket ou en varios e o mesmo acontece cos locais, pode ser un gasto realizado nun único establecemento ou en varios dos adheridos a Marín en Rede.
Os establecementos están identificatidos co logotipo adherido o seus escaparates escaparates. Tanto os comerciantes como os clientes que poidan ter dúbidas con respecto á campaña, poderán escribir un email a contacto@marinenrede.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario