martes, 22 de septiembre de 2020

MARÍN. OUTONO. A CONCELLEIRA DE TURISMO FAI BALANCE DA TEMPADA DE PRAIAS

Praia de Mogor
A concelleira de Turismo presentou onte un un balance do resultado do funcionamneto das praias o longo de todo verano no que comenza por decir que "a situación sanitaria da Covid19 mudou totalmente o noso xeito de vivir e afectou de xeito especial á tempada estival e aos servizos asociados a esta. Rematado o verán, a concelleira considera que "as das medidas que se aplicaron nas praias para cumprir coas medidas de prevención e hixiene fronte ao coronavirus, foron positivas".
En outro aparado do balance agradece en nome do Concello de Marín “a estreita colaboración que tivemos cos establecementos de hostalaría da zona das praias, cos que chegamos a un acordo para que os seus aseos fosen de uso público”. “Grazas a este traballo conxunto puidemos seguir ofrecendo este servizo coa garantía das limpezas e das desinfeccións que esixía un momento coma o que estamos a vivir”.
Destaca ademáis que "tamén se reforzou esta colaboración por parte do Concello e os locais entregando material de limpeza e, asemade, un kit de primeiros auxilios para que os establecementos puideran ter de man no caso de que pasase algo urxente fóra do horario do persoal de socorrismo. Precisamente, os socorristas tamén remataron xa a súa tempada de vixilancia nas praias".
No que respecta ao control dos aforos nas praias, unha obrigación que tiña o Concello de Marín derivada da nova normalidade imposta pola Covid19,Cristina Acuña dí que "fíxose unha medición topográfica dos catro areais de maior afluencia (Portocelo, Mogor, Aguete e Loira) e desenvolveuse un sistema de conteo en tempo real de usuarios, que se traduciu nun sistema de semáforos que informaba sobre a ocupación da praia" Ademais, instaláronse lonas informativas con todas as indicacións relativas á prevención da Covid19 e unha megafonía frecuente e diaria na que se recordaban as mensaxes máis relevantes. “Consideramos que as praias foron sitios seguros nos que poder pasar os días do verán, grazas a todas as medidas tomadas e á colaboración co sector hosteleiro”.

A concelleira remata destacando o importante que é que un concello como o noso teña alternativas turísticas e de ocio como as praias, que permitan diversificar a actividade e a afluencia de visitantes”. Con isto, a edil fai referencia ao enorme atractivo e polo de atracción que supoñen outros enclaves do noso municipio como o Lago de Castiñeiras, a Finca de Briz ou as rutas de sendeirismo, que permiten visitar espazos como os miradoiros, o Castro da Subidá ou o Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor, do que ao longo desta semana coñeceremos os datos de afluencia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario