'Contos Gringos': "Unha
ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos.
Desacougo e violencia, fenómenos naturais e segredos, bestas animais e bestas
humanas"
MARÍN. 15.01.2025. Organizado pola Asociación Cultural Almuinha, este próximo venres día 17 a escritora marinense Lara Dopazo Ruibal presenta o seu novo libro, Contos gringos (Galaxia), colección de relatos breves, no Museo Manuel Torres de Marín ás 20.00h, entrada libre ata completar o aforo.
Do curriculum de Lara Dopazo destaca que se trata "unha autora consolidada no panorama literario galego, cunha traxectoria que abarca tanto a poesía como a narrativa. Licenciada en Xornalismo e cunha ampla experiencia no ámbito cultural, Dopazo é recoñecida pola súa capacidade para explorar temas universais a través dunha escrita potente, intimista e cargada de simbolismo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario