Galicia afronta hoxe a chegada da borrasca Herminia que trae fortes ventos e choivas. Alerta roxa no litoral galego. |
Meteogalicia avisa da activación a partir das 18.00h de ALERTA AMARELA na provincia de Pontevedra por chuvias de máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora e de ALERTA LARANXA nas Rías Baixas por ondas de máis de cinco metros.
Desde o Concello de Marín pregan á veciñanza que extreme as precaucións ante este tempo adverso. Pola súa banda a Secretaría Xeral para o Deporte ven de avisar da suspensión das actividades deportivas no exterior para HOXE DOMINGO a partir das 15.00h ante a alerta laranxa.
A Coordinadora "Eólica Así Non" anunciou a suspensión da manifestación prevista para HOXE DOMINGO en Marín, debido ás adversas previsións meteorolóxicas. As protestas estaban convocadas para coincidir co Día Mundial da Enerxía Limpa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario