domingo, 12 de enero de 2025

MARIN. DEL COLOR DEL CRISTAL CON QUE SE MIRA. EXULTANTE BALANCE DE XESTIÓN DO GRUPO MUNICIPAL BNG

"Reafirmase no seu compromiso coa veciñanza e coa construción dun futuro mellor para Marín"
Os nacionalistas marinenses atribuénse liderar a oposición municipal con propostas reais


O Bloque Nacionalista Galego (BNG) conclúe o ano 2024 facendo un balance moi negativo da xestión do Partido Popular (PP) no Concello de Marín. En líneas xerais os nacionalista marinenses sinalan que “a xestión do Goberno Local ven marcada pola improvisación, falta de planificación e o inmovilismo”. Despois desta negativa introducción adicada o gobernó do PP, o contido do balance do BNG adéntrase no que foi a labor feita polo seu grupo municipal no Concello de Marín impulsando “medidas transformadoras, orientadas a mellorar a calidade de vida das persoas e avanzar cara a un modelo máis sostible, accesible e humano.”

Entre as iniciativas máis destacadas o BNG cita as vinculadas a abordar o problema do acceso á vivenda; a defensa para a recuperación do Edificio Pais-Baladrón; asumir as preocupacións da veciñanza tras as obras que eliminaron numerosas prazas de aparcamento sen ofrecer alternativas propoñendo solucións axeitadas, apostar por medidas para aliviar a carga económica das familias…”

En resumen e según exponen os nacionalistas marinense din que están a “traballar por e para a veciñanza, cunha visión clara e compartida de que Marín necesita solucións reais, participativas e adaptadas ás súas necesidades reafirmándose “no seu compromiso coa veciñanza e coa construción dun futuro mellor para Marín e continuará traballando na mesma liña que ata agora, defendendo solucións reais e proxectos concretos que poñan ás persoas no centro das súas políticas. (Leer información ampliada)

1 comentario:

  1. Seguramente o BNG tén razón, pois o PP , meus pobres , non son quen de facer algo importante nos concellos .

    ResponderEliminar