lunes, 20 de enero de 2025

MARIN. O DEPORTE TAMÉN É NOTICIA. OS REMEIROS DO CLUB DE REMO 'RÍA DE MARÍN' REGRESAN DO MIÑO CON UN BRONCE

Compoñentes dos equipos masculino e femenino do 'Ría de Marín' participantes da regata do Miño

MARÍN. 20.01.2025. Este pasado sábado celebrouse no río Miño a XLI Regata Miño Internacional - XX Copa Presidencia Deputación de Pontevedra. Trátase dunha regata internacional de gran tradición con ampla presenza galega e portuguesa na que participou o Club de Remo marinense con  dúas embarcacións de catro tripulantes, unha feminina e outra masculina.  Mentres que a tripulación femenina  acadou a quinta posición, a masculina quedou terceira,  a 40 milésimas do CR San Felipe (Ferrol)  e a a 49 segundos dos portugueses do Sport Club do Porto. Despois desta regata, o que está por vir para os remeiros marinenses son as competicións de longa distancia. Deste xeito asa próximas citas as que acudirán en corto espazo de tempo son as do Campionato Galego e o Campionato de España. Noraboa.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario