![]() |
Miluca (AECCC Marín), José F. Gil (Club Xesteiras) e a concelleira Cristina Acuña presentando as 'andainas'. Foto CN/CM |
A Andaina Montes e Praias de Marín chega este ano á súa décima edición, que terá lugar o 16 de marzo, consolidada xa como unha das citas deportivas e solidarias máis relevantes da comarca organizado pola Asociación Española contra o Cancro e a Federación Galega de Montañismo en colaboración co Concello de Marín. Os participantes poderán escoller entre unha ruta popular de 15 quilómetros e outra deportiva de 25, Ambas andainas partirán da Alameda ‘Rosalía de Castro’ ás 09:15 e 09:00 horas, respectivamente. O percorrido inclúe puntos emblemáticos como o banco da Teoira, desde onde se presentou a proba a cargo da concelleira de Turismo, Cristina Acuña e os colaboradores na organización José Francisco Gil e Miluca Rey, quenes destacaron o dobre obxectivo do evento: “Apoiar a investigación oncolóxica e o mesmo tempo descubrir un Marín descoñecido”.. Como novidade especial, a andaina coincidirá coa festa gastronómica do Bolo do Pote, que se celebrará na Alameda ao mediodía, ofrecendo aos participantes a oportunidade de repoñer forzas cunha das especialidades culinarias máis tradicionais da vila.
As inscricións para participar nas andainas poden facerse a través de https://espiralxc.es/gl/formulario-de-actividades-gal/
No hay comentarios:
Publicar un comentario