Xa no seu día se comentou a pouca creatividade nun paseo que para moitas veciñas e veciños desevolucionou claramente en relación o que estaba anteriormente, por falta de verde en dominancia o formigón e a plaqueta prefabricada facendo simplemente dúas beirarrúas anchas e un carril bici nunha extensión de 1.5 km lineais.
No
anterior espazo existía diversidade vexetativa xa consolidada, diferentes
variedades de arborado con zonas de sombra, diferentes pergolas con glicineas
que florecían nesta época da primavera, agora a diversidade tornou a dous
monocultivos de variedades de nandinas en grandes cantidades facendo
practcamente un seto e de unha ilada de perais ornamentais ( pyrus calleryana).
Unha achega moi subxectiva por parte do goberno actual que sen vacilar na
decisión considerou que esa é a mellor opción para ese paseo no presente e na
sua evolución en todolos anos que están por vir, xa que cambialo xa é de
difícil factura. O caso é que unha aposta tan forte gastando o presuposto
nunhas poucas variedades en grandes cantidades como mínimo tera que ter un
estudo previo de tódolos condicionantes que poda ter ditas variedades, e polo
que se ve no pyrus calleryana (peral ornamental) non se tivo enconta a
pestilencia da súa floración inda mais sendo a unica variedade arborea nun dos
poucos paseos que ten Marín sendo moi concorrido polos viandantes.
Realmente un
olor fortísimo en entre peixe descomposto, vomito, amoníaco incluso para moitas
persoas cun olor intenso a semen cando mais grande é a arbore. Isto é causado
por un composto químico volátil similar a trimetilamina que é un gas
relacionado co cheiro a peixe en descomposición e a dimetilamina que se
identifica co olor a amoniaco. A árbore non ten culpa de nada pero se vimos dun
espazo de uso publico consolidado que por circunstancias tibose que desfacer
pola obra do colector, o novo espazo deberia igualar como minimo o anterior e
mellorar as prestacion e servizos que xa tiña, senon en vez de ir para adiante
vamos para atras, e quedamos estancados como concello. Pensemos a futuro.
Paisaxista, concelleiro do BNG no Concello de Marín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario