“Recoñecemento ao labor poético das xeracións, pasadas e actuais, dos poetas marinenses”
En virtude dun acordo adoptado pola
UNESCO en 1999, o 21 de marzo foi declarado como Día Mundial da Poesía “co
obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética…”
Con tal motivo o Club de Opinión
PORTOCELO, co apoio do Concello de Marín, organiza un acto, baixo o título
‘Poesía es ti’’, conmemorativo de tal efeméride, que terá lugar o venres 22 na
Biblioteca Municipal, ás 20,00h, como recoñecemento a todas as xeracións
(pasadas e actuais) de poetas, homes e mulleres marinenses, consistente en: unha
charla sobre ‘Poesía, unha conversa de nomes e versos’, a cargo da premiada escritora
e poeta marinense Lara Dopazo; e un recital de poemas dalgúns dos poetas
marinenses, xa falecidos, que deixaron pegada poética a través dos seus poemarios:
Josefa Area, Luis Almazán, Manoel Cambeiro, Maria Luisa Pintos, Ángel Estévez,
Victor Castro, Francisco Morales e Urbano R. Moledo. A lectura dos poemas será
efectuada por un familiar de cada un dos poetas referenciados.
O acto rematará co concerto ‘Un canto á Poesía’ a cargo do Coro Thalassa, que dirixe Gonzalo Martín Lorenzo. A entrada é libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario