8 de marzo de 1857. O incendio dunha fábrica de camisas de Nova York onde morreron 146 persoas marcou a loita polos dereitos da muller
Pero hoxe non
pode quedar en hoxe. Hoxe ten que ser os 365 días do ano. Procurar una
sociedade en igualdade para mulleres e homes non pode quedar limitado a un só
día. E esta é a nosa vontade desde que comezamos a gobernar na Deputación de
Pontevedra: traballar todos os días e dende todas as áreas de goberno tendendo
pontes cara a igualdade. Nestes oito meses, coido que imos polo bo camiño.
Temos conseguido
aplicar os principios da igualdade de xeito transversal na nosa acción
política. Apostamos pola igualdade no deporte, na cultura, na economía, na
ciencia, na empresa, no sector primario ou, entre outras áreas, na educación a
través de programas e proxectos concretos nos que devolver
ás mulleres a posición histórica que noutros momentos se lles negou.
Tendemos pontes con outras administracións, como os concellos e a
Xunta de Galicia para sumar sinerxías e camiñar, da man, para conseguir a
igualdade real e efectiva. Tamén o estamos a facer co tecido asociativo
provincial, que traballa día a día para construír un mundo máis xusto. Facémolo
con programas específicos, con axudas económicas, con iniciativas pensadas por
e para as mulleres, dándolles voz, escoitándoas, abríndonos a diferentes
perspectivas e puntos de vistas e espallando os principios da igualdade por
toda a contorna da nosa provincia.
Foi unha das
promesas do presidente Luis López na súa toma de posesión e queda claro que,
nestes oito meses, o compromiso coa equidade de xénero e o benestar das
mulleres do goberno provincial é irrenunciable. Tamén queda claro que apostamos
e imos seguir apostando pola igualdade como un espazo amplo, cómplice e aberto
a todas e a todos, sen divisións innecesarias. E que esas pontes que estamos a
tender cos concellos, con outras administracións e a sociedade pontevedresa
estanse erixindo fortes para poder seguir camiñando cara un mundo no que
mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades.
Somos moi
conscientes de que o mundo non pode avanzar se continúa habendo desigualdades
de xénero. Somos tamén moi conscientes de que sen igualdade real e efectiva de
mulleres e homes non hai dereitos nin liberdades para ninguén. E, por iso, este
8M seguimos con todas, para todas, con +Igualdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario