miércoles, 9 de junio de 2021

MARÍN Y SU NOTICIA. MIÉRCOLES, 9 DE JUNIO DE 2021.

CARA O VERANO
O BNG pide ampliala la campaña 'praias sen fume' a todos os areais de Marín
E unha proposta presentada pola portavoz nacionalista Lucía Santos "encamiñada na liña da sensibilización social en canto a promover un estilo de vida saudábel e ao coidado do medio ambiente”
MARÍN. 09.06.2021. Coincidindo co inicio do período estival, o Goberno Municipal de Marín vén de anunciar a declaración de “praias sen fume” aos areais de Portocelo e O Santo. A Portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, recoñece que “desde o BNG de Marín vemos esta iniciativa con bos ollos, mais consideramos que esta actuación ten que ser máis ambiciosa.” É por isto que o BNG trasladou na Comisión de Medio Ambiente a proposta de declarar todos os areais do concello de Marín como espazos libres de tabaco, proposta encamiñada na liña da sensibilización social en canto a promover un estilo de vida saudábel e ao coidado do medio ambiente. As praias son espazos moi concurridos nos meses de bo tempo por familias e mocidade, polo que é importante fomentar hábitos saudábeis. (Leer máis)

Nee Barros firma exemplares do seu libro 'Identidade' no Museo Manuel Torres o sábado desde ás12.00 ás 14.00h
“A diversidade molesta porque cuestiona os piares opresivos da sociedade: o xénero, a clase ou a raza.”


MARÍN. 09.06.2021. O Museo Manuel Torres sirve de marco a Nee Barros para a firma do seu libro 'Identidade'. Será o vindeiro sábado día 12, desde ás 12.00h ata ás 14.00h. Segun a sipnosis o libro trata sobre obra de teatro que fala da liberdade, da necesidade de ser e, sobre todo, da identidade que ten como protagonista a Zé,"que vive unha historia chea de valentía, loitando a contracorrente por construír a súa propia identidade. Coa complicidade dos seus amigos e a súa familia, percorrerá un camiño en que moitas vendas negras, que tapan os ollos e a alma, caerán ao chan. Zé será quen de amosarlle a todas as persoas que dá igual como te vexan os demais. O máis importante é como nos sentimos nós, ser quen queiramos ser e seguir sempre o que dite o noso corazón." (Leer entrevista)

BENESTAR SOCIAL
La Xunta de Galicia apoya a la Asociación pola Igualdade (Apico) con una subvención de 18.163 euros 
Para activar un plan de lucha, información y apoyo integral a las víctimas de violencia de género


MARÍN. 09.06.2021. La Consellería de Emprego e Igualdade anuncia su apoyo al programa de inclusión de mujeres de Marín en situación de especial vulnerabilidad a través de la Asociación pola Igualdade e Coeducación (Apico) de Marín. Luis López, delegado de la Xunta en Pontevedra, señaló ayer que la Consellería de Emprego destina una aportación de 18.163 euros para la Asociación pola Igualdade e a Coeducación de Marín, con cuyo importe se contribuye a activar un plan de lucha, información y apoyo integral a las víctimas de violencia de género. La iniciativa contará con la participación de 30 personas y se desarrollará a lo largo de 1.300 horas de formación.

CONMEMORACIONES
El colectivo de Tejedoras Laneras Cascabeleras acude a la Alameda de Marín para celebrar con una demostración el Día Mundial de Tejer en Público


MARÍN. 09.06.2021. El próximo sábado día 12 es el Día Mundial de Tejer en Público, una conmemoración la Asociación de Tejedoras Laneras Cascabeleras celebrará en Marín, contando con la colaboración del Concello de Marín, según una representante de dicho colectivo que se reunió con la concejala de Turismo, Cristina Acuña para presentar el evento al que acudirán una 70 personas que se concentrarán en la Alameda Rosalía de Castro para tejer a ganchillo y calceta, guardando la distancia de seguridad y demás medidas anticovid. La cita se iniciará a las 16.30 horas y se prolongará hasta las 21.00 horas estando prevista la asistencia de personas aficionadas de distintos puntos de Galicia. El evento finalizará con un desfile y entrega de premios. También habrá ambientación musical y sorteos.

PUBLICIDAD. CAMPAÑA COMPRE EN MARÍN


VERBENA EN TEMPOS PANDEMIA
O Concello de Marín xa ten dispostas un milleiro de entradas para a verbena piloto do sábado 19
Pódense retirar presencialmente no Museo M. Torres a partir do xoves día 10

A orquesta Marbella amenizará a verbena piloto na Praza de España

MARÍN. 09.06.2021. O Concello de Marín vén de pechar o sistema para poder conseguir entradas de cara a participar na proba piloto do día 19 de xuño, organizada simultáneamente en diversos lugares pola Xunta de Galicia, e que traerá a Marín á Orquesta Marbella. A actuación será na zona do aparcamento da Praza de España. As entradas estarán dispoñibles a partir deste xoves, día 10 de xuño, a partir das 11.00 horas da mañá. Poderán conseguirse a través de dúas vías: ONLINE: na web do Concello ou na plataforma Enterticket. PRESENCIAL: o xoves e o venres, no Museo Manuel Torres, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas. Cada persoa pode retirar ata un máximo de seis entradas. (Leer máis)



No hay comentarios:

Publicar un comentario