lunes, 24 de mayo de 2021

MARÍN. DOUS ANOS DESPOIS DO 26M/2019. "QUE NOITE A DE AQUEL DÍA". AARON FRANCO: "ÍNVADEME UNHA ENORME MÁGOA E DECEPCIÓN AO MESMO NIVEL DO QUE SENTÍN AQUELA NOITE"

MARÍN. 24.05.2021. Hai dous anos Aaron Franco lideraba con xente do Circulo de Podemos e Marinenses Independentes (MAR- IN) unha candidatura coa que concurría ás eleccións municipais do 26 de maio. Era a lista dos renovados ‘mareas’ que albergaban esperanzas de poder conseguir, polo menos, o mesmo número de concelleiros que obtiveran en 2015 con Sandra Pesqueira como candidata. Con todo, non foi así. O ‘trompazo’ foi tal que tan só conseguiron 551 votos (perderon máis de 1.000), quedándose ás portas do Concello. De 3 edís pasaron a 0. Agora, Aaron Franco, analiza, nunha entrevista -concedida ao blogue cousasdecarragal- realizada por Angel García Carragal, o que puido fallar para que aquel Marea Marín, que el lideraba, desaparecese dun ‘ plumazo’ do mapa político local.
Aarón Franco Outón (imaxen esquerda, año 2019. A dereita, imaxen actual)

"Téñolle profundo odio á esa expresión que tantas veces se pronuncia na esquerda "a xente non nos vota porque é ignorante". Esa arrogancia intelectual da que ademais pecamos moito na esquerda, é a nosa gadaña"

¿Cómo acolleches a derrota naquela noite do 26 M?
- Con decepción evidentemente mais non por min, senón decepción pola excelente equipa que conformaba a candidatura e que traballou arreo no só nas dúas semanas de campaña, senón moito atrás. Penso aínda hoxe en xente como Estrella Pallín, Francis Ignacio, Miguel Briones, Juan Carlos e todas e cada unha desas persoas e invádeme a unha enorme mágoa e decepción ao mesmo nivel do que sentín aquela noite.

¿Qué puido ter fallado?
- Moitas cousas. Posiblemente este espazo non é suficiente para analizarmos en profundidade  xa non só o que fallou na nosa candidatura, senón na esquerda marinense. O cainismo político na esquerda coas constantes divisións que se veñen experimentando desde comezos de século, tocou fondo o 26 de maio do ano 2019.
Todos debemos ser moi autocríticos, eu o primeiro, perdirlle desculpas a esa cidadanía de esquerdas que agardaba unha altertativa unida e en condicións e resetear. Posiblemente  para analizarmos isto requírese dun debate amplo e en profundidade. Non se me caerán os aneis en ser autocrítico e dar esa reflexión tan necesaria, asumindo por suposto a parte de culpa que corresponda á miña persoa.

¿Cómo valoras a actividade municipal nestes dous anos?
- A situación desde o punto de vista da esquerda é dramática xa que nunha corporación de 21 concelleir@s únicamente existe unha concelleira facendo oposición. É curioso porque, e que ninguén se sinta atacado por isto, moita xente me comenta a sensacion de que existe un goberno de coalición encuberto de 20 concelleir@s. Non o digo eu, coméntamo algunha xente. A zona azul foi un exemplo diso xa que aínda que no último intre houbo quen se quixo desvincular, a xente deuse conta perfectamente do que viña acontecendo.
O que quero dicir con isto é que se o que se pretende facer en Marín é unha alternativa de goberno ao actual, deberíase comezar por saber o que se quere facer, como e con quen. 

¿Qué cres que non está a facer ben o goberno municipal do PP?
- Fundamentalmente o mesmo que non se facía ben desde hai anos. Poderíamos falar do auditorio que suporá a derradeira pantalla fronte o mar, ou da necesidade de abrir novas rúas e novos espazos de lecer, ou dunha programación cultural atractiva, da necesidade de pór en valor o noso patrimonio, do escaso gasto social, da perda de entidade…

¿Do teu programa, que se debería abordar?
- Paréceme imprescindible o apartado que nós demos en titular “Marín verde”. Marín precisa con urxencia espazos verdes, pulmóns no centro da vila que permitan albiscar o Marín do século XXI e sobre todo do século XX. Débense abrir novas vías nesa dirección, pensando sempre no que se lle vai deixar ás nosas netas, e máis aínda nun momento de emerxencia climática como no que estamos.

¿Qué debería facer a esquerda marinense, ao teu entender, para ser alternativa o goberno do PP?
- A esquerda marinense precisa cicatrizar  feridas en primeiro lugar, para despois atopar comúns denominadores que fagan eclosionar unha alternativa forte coa capacidade suficiente para non só chegar á alcadía, senón tamén para saber o que facer e con que obxectivos de cara ao futuro. Son dos que pensa que os gobernantes deben gobernar o presente tendo sempre na mente o legado que se lles deixa ás xeracións futuras. Iso é algo que nunca aconteceu en Marín. Nin unha soa persoa das que pasou pola alcaldía gobernou pensando o Marín que se legaba e agora vénse de xeito nítido as consecuencias.
Devalo demográfico, desfeita urbanística, PXOM xudicializado e con sentenzas en contra e un longo etc. Os que gobernaron e gobernan teñen culpa, pero ollo, os que fixemos oposición tamén porque non tivemos a capacidade de construír unha alternativa a iso.

¿Hai políticos da esquerda que cando non gañan as eleccións dín que a xente que non os vota son uns ignorantes ¿que opinas disto?
- Téñolle profundo odio á esa expresión que tantas veces se pronuncia na esquerda "a xente non nos vota porque é ignorante". Esa arrogancia intelectual da que ademais pecamos moito na esquerda, é a nosa gadaña. A xente non é tonta, se a xente en determinados intres non votou á esquerda ou non saíu da casa a votarnos e se abstivo é porque non miraba unha alternativa forte, consolidada e sobre todo crible.

¿Sigues na política...? - Si, milito en Anova Irmandade Nacionalista, desde onde aporto, na medida en que o meu traballo e a miña situación persoal o permite, traballo e as ideas que humildemente poida ter. Creo na militancia política e por tanto sempre militarei naquelo que mellor represente as miñas ideas desde unha pers

- ¿Volverías presentarte? Direi algo que nunca dixen publicamente; eu non quería presentarme. Poderá haber quen non o crea, máis teño testemuñas que así o poden acreditar e ao mellor co que vou explicar agora hai quen me pode chegar a crer. O meu candidato, e ben o sabe el porque lle insistin moitísimas veces e ata o último momento que o prazo legal o permitía, era a persoa que finalmente ocupou o número 5 da lista. Primeiro por ser Miguel Briones unha persoa confiable e coa ética por bandeira, e segundo por ter unha preparación política e cultural bestial. Non hai moito tempo cheguei a ler da inxustiza que supuxo que Xose Manuel Beiras non chegase a presidir a Xunta e Xulio Anguita o goberno do Estado.

Aarón Franco coa candidatura de Marea Maín que lideraba él no ano 2019

- Resaltas moito a figura de Miguel Briones...
Marín perdeu a posibilidade de que Miguel Briones chegase a ser alcalde, tería sido un bo alcalde, posiblemente o mellor. Para min foi, é, e será sempre unha inspiración, un referente ético, político e intelectual. Volvendo á pregunta, eu non me atopaba nin en condicións políticas nin en condicións persoais, dado o falecemento do meu avó neses días, de levar conta de ese encargo. Visto o resultado afirmo con rotundidade que non volverei a encabezar ningunha lista. Nunca o pretendín, pois tiña claras xa desde había tempo as miñas preferencias para a conformación da lista; o meu número 1 era Miguel Briones, a miña número dous era Estrella Pallín. En definitiva, se xa non quixen no seu momento ser alcaldable, agora con máis motivo afirmo que nunca máis volverei a ser candidato á alcaldía.

¿A que estás dedicado actualmente?
- Pois continúo como o levo facendo desde o ano 2011 adicado á ensinanza. Nestes momentos, xunto coas miñas socias Cristina e Francis, teño unha academia de ensinanza chamada Cifras e Letras, en réxime de cooperativa e situada na Alameda de Marín. Ao mesmo tempo traballo para a editorial Elearning. Nestes intres e dada a mellora da situación pandémica retomarei a escritura dun libro que afonda na biografía de Bóveda. Tendo en conta o formato do libro, un pouco particular, para o que preciso entrevistar a algunha xente, leva máis dun ano parado e agora se retomará no mes de xullo. Tamén traballo de xeito puntual para o xornal A Nova Peneira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario