viernes, 14 de mayo de 2021

MARÍN. GANADORES DO XVI PREMIO DE NARRACIÓN CURTA CONCELLO DE MARÍN

A concelleira de Cultura valorou a alta participación na XVI edición do Premio Narración Curta

MARÍN. 14.05.2021. A Concellaría de Cultura, que preside a concelleira Beatriz Rodriguez,  
informa das persoas que recibirán os premios do XVI Premio Narración Curta Concello de Marín, que cada ano se celebra polo Día das Letras Galegas e que vai alternando narración curta e poesía nas súas edicións. Nesta edición, o premio na categoría de adulto, que supón 1.000 euros de retribución, recaerá sobre a Alicia Rodríguez Massó, pola súa obra “A chamada”.
No ámbito infantil, no que se repartirán lotes de material escolar, a primeira categoría ten tres premiados. O primeiro premio será para Adriana Cambeiro Méndez, do CEP Sequelo, polo texto “O sombreiro”. O segundo premio recaerá no alumno tamén do Sequelo, Abel Garrido Dasilva, pola creación “O pequeno extraño”. O terceiro premio será para Iván Pazos Blanco, por “Pepiño”, alumno do San Narciso.Na segunda categoría, o primeiro premio será para o alumno tamén do San Narciso, Doel Nogueira Veiga, pola obra “Todo o revés”. O segundo premio recaerá na estudante deste mesmo centro Noa López Giménez, por “O avó máxico”. Finalmente, o último premio desta categoría acabará nas mans de Álvaro Tomé Miguélez, do CEP Sequelo, polo seu texto titulado “O Misterio”.A tercera categoría da modalidade de centros escolares pechouse só co primeiro premio, entregado a Zoe Martínez Ribó, do Sequelo, por “A protectora das palabras”.Desde o Concello e o xurado, conformado pola escritora Fátima Álvarez González; o bibliotecario do Concello de Bueu, José Ramón Núñez, e a bibliotecaria do Concello de Cangas, María Pilar Refojo; valoraron moi positivamente a alta participación e o elevado nivel das propostas recibidas este ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario