MARÍN. 13.05.2021. A Bandeira Azul é un galardón que outorga anualmente desde 1987 a Fundación Europea de Educación Ambiental ás praias e portos que cumpren unha serie de condicións ambientais e instalacións e servizos. Os requisitos que deben cumprir os concellos para que lles sexa concedida a distinción son: Información e Educación Ambiental, Calidade da auga, Xestión Ambiental e Seguridade e Servizos. Con todos eles cumpre nos seus areais o Goberno Local do Concello de Marín. Por iso de novo ondeará a bandeira azui nas praias de: Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo-A Coviña.
A concelleira Marián Sanmartín, responsable da área de Medio Ambiente, manifesta o contento e satisfacción do Concello de Marín por revalidar un ano máis tan importante premio, sinal de que as cousas se están facendo ben e dentro dos parámetros exixidos pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (FEEA), organismo que certifica e concede tal distinción.
ENTREVISTA
Marián Sanmartín, concelleira de Medio Ambiente: "Esperamos seguir mantendo a calidade excelente das nosas augas, tal e como van demostrando as analíticas de control cada ano"
-Qué supón para o Concello de Marín que revalide de novo a obtención de bandeira azui para as súas praias?
- Para o Concello de Marín é unha boa nova que poidamos revalidar as nosas cinco bandeiras azuis por canto ten que este distintivo demostra o noso compromiso co medio ambiente e co turismo sostible, porque somos conscientes da xoia natural que temos, pero debemos coidala para preservala.
- Ademáis da preocupación polo medio ambiente que outras características dos areais se premian con este galardón?
- A Bandeira Azul tamén premia que teñamos servizos públicos de calidade. As nosas praias son accesibles para persoas con mobilidade reducida, temos servizos de todo tipo nelas e esta oferta permite que sexan espazos verdes que aproveita toda a cidadanía.
- Cal e a relación praias-medioambiente?
- Non podemos olvidar que a nosa relación co medio sempre ten que basearse no respecto. O coidado dos areais é a nosa prioridade e nesa mesma liña seguiremos traballando.
- Qué outras melloras medioabientais teñen previsto para as praias?
- Seguiremos aportando novos servizos, como a área de sombra que se incorporará na contorna da Praia de Portocelo para persoas con problemas de mobilidade, e esperamos seguir mantendo a calidade excelente das nosas augas, tal e como van demostrando as analíticas de control cada ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario