lunes, 11 de abril de 2022

MARÍN. EXITOSA XORNADA DE XIMNASIA RÍTMICA. OS MELLORES PREMIOS PARA OS CLUBES MARINENSES

La alcaldesa, María Ramallo, y los concejales Caíña y Traba con uno de los equipos del Club Agarimo

MARÍN. 11.04.222. Esta fin de semana celebrouse no Pavillón da Raña,
que rexistrou unha gran afluencia de aficionados da rítmica de tódolos clubes de Pontevedra. a primeira fase da Liga Provincial de Pontevedra nas categorías Escolar, Prebase e Promoción de Ximnasia Rítmica. Organizado pola Federación Galega de Ximnasia, contou coa colaboración do Clube Agarimo e do Concello de Marín. Os mellores resultados dos nosos clubes de Marín, Inmare e Agarimo, foron: Categoría Promoción Infantil, terceiro posto para o Clube Inmare; Escolar Sénior, primeiro posto para o Clube Agarimo; Escolar Benjamín, terceiro posto para o Clube Agarimo; Prebase Cadete, primeiro posto para o Clube Agarimo; Promoción Individual, segundo posto para a marinense Sara Dozo Gil do Clube Agarimo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario