miércoles, 21 de junio de 2023

MARÍN. ENTRESEMANA. O NOVO GOBERNO MUNICIPAL VAI COLLENDO FORMA.

María Ramallo, alcaldesa: “Unha proposta continuista co labor que levan feito as persoas que xa me acompañaron nestes últimos anos" 

MARÍN. 21.06.2023. O novo Goberno local contará con sete grandes áreas e once delegacións. Apenas se producen cambios con respecto á estrutura dos pasados catro anos, mantendo a experiencia en cada unha das áreas das persoas responsables das mesmas.

A alcaldesa María Ramallo detallou esta mañá como será a estrutura do novo Goberno local, “unha proposta continuista co labor que levan feito as persoas que xa me acompañaron nestes últimos anos e que se apoia na súa experiencia e na boa xestión”, asegurou a rexedora. Ademais destas áreas xenéricas, establécense unha serie de delegacións que apoiarán a xestión e o traballo das mesmas. Así será o reparto, coas persoas responsables de cada unidade: 

1.- Urbanismo e Facenda: Manuel Santos Costa. Área TICs: Hugo González López

2.- Medio Ambiente, Cultura, Benestar Social e Igualdade: Marián Sanmartín García Área de Cultura: Itzíar Álvarez Tapia. Área de Servizos Sociais e Igualdade: Mónica Viqueira Rodríguez 

3.- Medio Rural: Pablo Novas Caballero 

4.- Deportes: Antonio Traba Miñones. Área de Xuventude e Axenda Deportiva: Antonio Caíña Fortes 

5.- Turismo e Comercio: Cristina Acuña González 

6.- Seguridade e Mobilidade: Paco Estévez Salazar 

7.- Promoción Económica e Patrimonio: Beatriz Rodríguez Gómez

No hay comentarios:

Publicar un comentario