6) Todos os coches aparcados solo a esquerda. A dereita se reserva exclusivamente para movilidade sustentable de peóns e as bicis. Elimínanse as poucas plazas de aparcamento que quedan a dereita. E resérvase a esquerda para vehículos.
7) Desviar, agrandar cara a esquerda para vehículos o punto de desvío (embudo) ó vial praias frente a Residencia da ENM. De xeito que a entrada actual quede so exclusiva para peóns e bicis.
8) Incorporar a iniciativa privada da hosteleria xa instalada ó proxecto. Como prestadores de servicios y co-dinamizadores: 5 establecimentos hosteleros todo o ano, case 10 no vran cos chiringos praia.
9) Oposicións ó proxecto. A perspectiva temerosa das persoas que se asustan ante os cambios urbanos, é comprensible. Medo a reducción no uso do coche ou de plazas de aparcamento. Pero nisto como noutras ocasións, falta un pouco de perspectiva global, integradora de a onde van as cidades do futuro i en concreto a donde necesita ir a nosa: transformar con liderazgo unha mala planificación que se arrastra de décadas. As críticas sorprenden, xa que apuntan o revés, confundindo problemas con solucións, na transformación necesaria da Cidade. Sexa un carril as praias, unha sinal 10 na avenida, a peatonalizacion das ruas, etc...
RESPOSTAS AS PREOCUPACIÓNS
9.1) As vilas evolucionan a reducir o uso privado do coche. É un feito xeralizado casi a nivel planetario. Necesidade de pedagoxia para aumentar usuarios peonís e ciclistas.
9.2) o carril bici/peonil ten q facer o traballo de conexión-apertura norte/sur os 12 meses do ano. O parking nas praias so se precisa ser resolto en xulio e agosto.
9.3) compre buscar formas de rotación de coches os dias de praia deses específicos dous meses. Horarios, zona azul, pago simbólico, por matrículas, priorización de aparcamento por edades, etc.
9.4) Procede crear e incentivar o uso do micro-bus praia específico con rotacions a Marín. Tarifa fixa para taxi-praia. Coste para anciáns subvencionado, etc.
9.5) Tren turístico. Incluso poderíase pensar en solicitar o tren de nadal para o vran. Úsase en vilas turísticas.
9.6) Leiraparks. Continuar buscando e propiciando estes espazos, que de novo so se usarán 2-3 meses o ano.
10. Hoteles turísticos no centro. Propiciar e crear xinerxias na recuperación de casas privadas para poder proporcionar servicios desde o centro da Vila a praia. Se busca recuperar o deteriorado centro sen dañar o semi-virxe das praias a so 1km: "o centro urbán, convírtese no hotel da praia". Complementariedade e sinerxia.
CONCLUSIÓN
O proxecto de abrir e vincular Marín os seus periurbanos, neste caso a sua saida Sur, é unha estratexia irrenunciable. As únicas preguntas son cando se fará e con que profundidade. Impulsando un xeito de cidade amable e aberta, unha Vila Atlántica con Pontevedra e Bueu. Con alternativas, ata imaxinativas, para que se priorice a rapaces e persoas da terceira idade a que se acheguen a estes espazos en condicións de seguridade e disfrute.
Finalmente tamén suxiro manter reunións con clubs de ciclismo, senderismo, atletismo e asociacións da Cidade sobre esta reforma. Trátase dun proxecto no que poden aportar valiosos puntos de vista nun proxecto que xera ilusión i expectativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario