domingo, 21 de noviembre de 2021

MARÍN. LA ENTREVISTA DEL DOMINGO. HOY: MARIÀN SANMARTÍN GARCÍA. CONCELLEIRA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE.



"Reivindicamos o dereito das mulleres a vivir sin medo"

MARÍN. 21.11.2021. A protagonista da ‘entrevista do domingo’ de hoxe é, Marián Sanmartín García (concelleria de Medio Ambiente, Benestar Social, Igualdade, Educación e Festas, ademáis de portavoz suplente do Grupo Municipal do PP)e un dos pilares máis importantes sobre os que se asenta o mandato de María Ramallo. Non en vano ésta delegou nela a presidencia dos órganos de decisión e actuacións da política de Loita contra a Violencia de Xénero, como son a ‘Mesa de Traballo contra a Violencia de Xénero’ do Consello Municipal da Muller. O vindeiro 25 do mes en curso e como ven sendo tradicional ceébrase en Marín de xeito institucional o ‘Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller’ baixo un amplio prorgama de actividades sobre as que da nos conta a concelleira entrevistada.
p - ¿Que supón para vostede o 25N, Día contra a Violencia de Xénero?
R -  É unha data na que reivindicar o dereito das mulleres a vivir sin medo.
P - ¿Pero, tan soio se reivindica un día o ano?
R -  Non. O 25N desenvolvemos unha serie de actividades coas que visibilizar o significado de tal data, pero como muller teño que decirlle que tal dereito reivindicámolo todos los días. De feito o lema deste ano xa o dì ‘Todos os días conta a Violencia de Xénero’
P - Cal e o programa e quen se encarga de preparalo e coordinalo.
R - O programa e moi extenso e da súa preparación e organización encárgase o Concello de Marín a través do Centro de Información a Muller (CIM). Do seu contenido habría que destacar os actos que tendrán lugar o propio o 25N ás 12.30 horas no Salón de Plenos, coa lectura da Declaración Institucional aprobada no Pleno da Corporación. e a entrega do Premio Violeta ao colectivo de mulleres maiores. A homenaxe apoiarase na Residencia da Terceira Idade de Marín. E neste mesmo día proxectarase o vídeo ‘Mulleres invisibles, realidades visibles’ para dar voz á realidade que sofren moitas mulleres maiores.


P - Quen elabora o texto da Declaración Institucional do 25N
R Na súa elaboración inteveñen tanto a Mesa contra a Violencia de Xénero como o Consello da Muller e despois pasa o Pleno para a súa aprobación, que como lle decía antes xa foi aprobado.
P - Todos os anos dispoñen dunha exposición simbólica do 25N na entrada da Casa Consistorial. ¿Volvese repetir este ano?
R - Sí. Será unha mostra dos 15 anos de historia do Consello Municipal da Muller que estará aberta desde o luns dia 22 o 28 deste mes na que se fai un repaso a traxectoria do Consello Municipal da Muller, que traballa a prol da Igualdade realizando un labor importante, co obxectivo de abrirse máis á cidadanía. E demáis se repartirá material de sensibilización dispoñible para toda a cidadanía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario