domingo, 14 de noviembre de 2021

O MARÍN QUE QUEREMOS. REFLEXIÓNS E PROPOSTAS DUN MARINENSE (I)

Imagen dron: Javi Pumar (Clicar sobre la imagen)

APERTURA MARÍN SUR. INTRO 1: A NECESIDADE
Urbanísticamente e desde o punto de vista estético, semella que hai dous Marín. O centro: deteriorado por anos de urbanización descontrolada e ese mesmo centro secundarizado ó eixe portuario-militar.  E despois, existe outro Marín peri-urbano, en ocasións semivirxe e que mantén espacios de calidade a protexer. Canto mais fecunda e acertada sexa a interrelación do peri-urbán co urbán, mais se enriquecerá a cidade. Sendo ese novo urbanismo de recuperación da Cidade, un catalizador dun aumento de residentes e un impulsor dun turismo selectivo de calidade.

INTRO 2: A FINANCIACION UN APUNTE. 
Os centroeuropeos láianse co estereotipo de que os fondos da UE destinados a España desde a incorporación a Unión, os temos utilizado para paseos marítimos. Ainda que alegra conseguir recursos, semella que os fondos "next gen" deberían vincularse a proxectos diferentes os turísticos, p.ex. os tecnolóxicos ou de empresas alternativas que se focalicen na reordenación dun sistema productivo/económico que as veces semella esgotado. Deixando os proxectos de reforma urbana para outras tipoloxías de subvencións ou programas.

INTRO 3: AS PROPOSTAS
Estas son propostas moitas veces comentadas, para o que un dia lle dimos en chamar a "apertura ou ensanche 2.0"  da Cidade Norte-Sur-Este-Oeste. Neste caso a apertura polo sur. Probablemente a mais espectacular das 4 posibles, pola "materia prima" coa que se parte.

PROPOSTAS: 
1)  Carril bici e peonil Alameda- Aguete/Seixo-nun futuro Lapamán. Saindo desde a Alameda. É crucial que para dar a idea de apertura, a conexión comece no centro. Que sexan espazos cohesionados e homoxéneos , nos que se note o rol de epicentro da Vila.
2) Conectar este carril co de Cantodarea e proximamente Pontevedra sobre a ría. Reforzando a conexión do que se chama a cidade sur da ria, segun os urbanistas que redactaron as DOT: desde Pontevedra ata Bueu.
3) Negociación pendente con Defensa: o gran tapón da apertura Sur: a) a maravilla: un paso por dentro da instalacion da ENM, saindo practicamente en Portocelo. Opción alegada por esta institución "amiga" no Pxom;   b) un voladizo de madeira desde a piscina ate a residencia ancheando a beirarua. 
Si a e b se reixeitan desde Defensa ou si nin siquera se lle plantexan: 
c) Convertir o tramo de carretera Carlos I-Residencia en rua urbana. Cun carril compartido marcado no asfalto desa Nacional con indicadores "proridade ciclista": ida e volta. Apaciguadores estilo lombos, sinais verticais e limitación 30. Se utiliza en moitas cidades cando non hai espazo. A opción c, é menos urban-friendly, mais perigosa pero calma o trafico, permite avances e recupera espazos. Fixádevos ó que nos obliga a ENM. 
4) As 3 bs: buscar sempre bo, bonito e barato. A tipoloxía do chan no carril: Este aspecto é fundamental e existen dous tipos de chan no actual paseo as praias. Bo e sustentable o de terra ata Portocelo. E moi deficiente o existente desde Mogor ata aguete (bicis e peonil)  impracticable con cachote de pedra zigzagueando e a distintas alturas, difícil entender porqué se elixeu tal solución no seu dia…. A solución debe ser práctica, económica e sen complicarse: os exemplos de chan xa os temos na Vila i en moitas Vilas:  beiraruas a Pardavila ou beirarúas Mogor-Baguin-Lapamán. Por iso decía antes que non fai falla recorrer a Next Gen para facer un bo traballo como nesas beirarúas a Pardavila. 
5) Cambiar o acabado actual de trozo de pedra, que inhabilita o uso para andar, correr ou mover un carro de bebés. E igualar as alturas, é decir: ciclistas, corredores e paseantes van todos no mesmo nivel de alturas (carril Baiona-A Guarda, p.ex, pero hai moitos). O mesmo nivel do asfalto da carretera para vehículos. Sen peldaños, sen recortes, sempre lineal. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario