O Concello de Marín manifiesta a súa firme censura
respecto á agresión que Rusia está a levar a cabo en Ucraína. Como defensores
dos dereitos e liberdades das persoas non podemos tolerar ningunha acción
que socave ditos cimentos humanos.
As guerras son unha traxedia e un retroceso da civilización. Non hai nada que
xustifique as vítimas mortais e o cruel sufrimento dos superviventes, que
marcará o resto das súas vidas. Os devastadores efectos desestruturan a
sociedade moito máis aló do conflito bélico. Danos irreparables que se agravan
cada minuto que pasa.
Por tanto, unimos a nosa voz ás que apreman ao dirixente ruso para que cese
os ataques e a invasión do territorio ucraíno inmediatamente, que desista de
calquera acción pola forza e retome a negociación como única vía para procurar
os seus intereses.
Así mesmo, apoiamos o labor da comunidade internacional por restablecer a
paz e salvagardar a independencia de cada país e poñémonos á súa disposición
para axudar, dentro das nosas posibilidades, naquelas medidas que procuren a
protección e benestar das persoas que foxen do conflito para salvar a vida.
Os ucraínos e ucraínas poden contar coas entidades locais galegas, que estamos
pendentes -con gran preocupación e pesar- do que están a vivir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario