sábado, 22 de octubre de 2022

MARÍN. OPINIÓN. "OS ORZAMENTOS DO ESTADO (PGE) DISCRIMINAN A MARÍN" / POR LUCIA SANTOS OMIL. PORTAVOZ DO BNG


A portavoz municipal do BNG de Marín, Lucía Santos Omil, en canto as partidas consignadas no proxecto de Presupostos Xerais do Estado (PGE) para Marín, manifesta  que “non poden ter un si do BNG porque. Marín queda unha vez máis ás costas nos orzamentos do Goberno central, que só se ven reflexados no Porto, sendo aínda así insuficientes.

A portavoz municipal do BNG expresa que non nos podemos esquecer do resto de servizos públicos que tan maltratados vemos por parte dos diferentes gobernos. Non podemos permitir que ano tras ano os nosos servizos sufran desmelloras que pagan as veciñas e os veciños da nosa vila en ámbitos tan importantes como sanidade, coa a perda de médicos e enfermeiras ou outros servizos básicos. Vemos como o noso pobo carece de infraestructuras que se nos prometen e, unha vez máis, non se cumpren, como é o exemplo do paseo da ría que conectaría a nosa vila cunha cidade como Pontevedra, onde moita xente traballa e desenvolve actividades cotidiás polo que este paseo sería de gran importancia para mellorar a calidade de vida da nosa poboación.

Estas son Son algunhas das razóns polas que, a día de hoxe, o BNG de Marín súmase ao BNG nacional e non pode dar o seu apoio aos orzamentos do Estado, porque discriminan ao noso pobo e, en xeral, a Galiza, no reparto do investimento territorializado, pero tendemos a man para ter unha negociación que permita incluír estes proxectos nos presupostos xerais e, igualmente, que se fagan realidade porque son necesidades que ten o País.





Remitido e firmado por:
Lucia Santos Omil
Concelleira do BNG Marín

No hay comentarios:

Publicar un comentario