MARÍN. 18.12.2021. Coa vista posta nas eleccións municipais (para o ano 2023) o BNG inicia unha campaña, baixo o lema, ‘Pensar en Marín, dirixida polo recentemente renovado Consello Local xunto coa concelleira portavoz da formación nacionalista no Concello de Marín, Lucia Santos, a que entrevistamos sobre o tema.
"Queremos achegarnos e escoitar os diferentes axentes sociais e á veciñanza do noso concello, coñecer as súas inquedanzas e recoller as súas ideas para facer un Marín mellor entre todos e todas"
- P - ¿Por qué a campaña ‘Pensar en Marín?
- R - “Pensar Marín” e unha campaña que ten como finalidade de abrir un debate necesario coa sociedade marinense en relación ao Marín que queremos, ao Marín do futuro. que poñemos en marcha coa vista posta xa nas eleccións municipais de 2023.
P - ¿En qué consiste?
R - O BNG quere achegarse e escoitar os diferentes axentes sociais e á veciñanza do noso concello, coñecer as súas inquedanzas e recoller as súas ideas para facer un Marín mellor entre todos e todas.
P - ¿Qué motiva este campaña?
R - Un dos motivos que nos leva a esta campaña e que Marín leva 10 anos perdendo poboación, pasando de ser o concello máis poboado do Morrazo en 2010 a liderar a clasificación de concellos galegos de máis de 20.000 habitantes en perda de poboación, por iso no BNG consideramos absolutamente necesario iniciar unha reflexión colectiva para analizar as causas desta tendencia tan negativa e reverter a situación convertendo Marín nun concello dinámico e vivo.
P - ¿De que maneira se inciará?
R - Dentro desta campaña incluimos outra a que daremos paso xa, de apoio o comercio local baixo o lema “Mellor local, mellor Galego; aposta polo noso” que permitirá achegarnos ás persoas responsábeis dos comercios para coñecer, mediante conversas e unha pequena enquisa, as súas preocupacións, demandas e ideas para mellorar a situación dun sector económico que para o BNG é fundamental, que xera traballo, benestar e vertebración social nas vilas e cidades.
P - ¿Como ides sensiblizar ou animar a consumir en Marín?
R -. Para animar á veciñanza a consumir produtos de proximidade, o BNG repartirá nos comercios de Marín e Seixo material para visualizar a importancia do consumo local facendo un chamamento á veciñanza para apoiar a quen crea emprego e xera riqueza e vida nas vilas e cidades.
P - ¿Pode describirme algún dos problemas os que se enfrenta actualmente o comercio local?
R - Se desde hai anos o comercio local arrastraba unha importante crise xerada pola competencia das grandes superficies, nestes momentos a súa supervivencia faise aínda máis complicada co aumento das compras por internet.
R - ¿Por qué considera necesario o consumo no cometcio de proximidade?
P - O consumo local crea unha cadea de economía circular, dá vida a unha vila e crea postos de traballo. Por iso promover o achegamento ao comercio local é o primeiro paso desta campaña, “Pensar Marín”, que terá continuidade nos vindeiros meses co contacto con outros axentes sociais e coa veciñanza do noso concello.

No hay comentarios:
Publicar un comentario