jueves, 16 de diciembre de 2021

MARÍN. AS CARPAS DO 'ENGADO' CONTARÁN CON UN ESTRICTO PROTOCOLO ANTICOVID

Marián Sanmartín concelleira de FeStas: A apertura das carpas contará con un estricto protocolo da covid para poder garantir que estas actividades se desenvolvan con toda a seguridade”


MARIN. 17.12.2021. Nadal en Marín inaugura mañán un dos seus clásicos que máis gustan aos máis pequerrechos da casa e á mocidade: as carpas Engado Marín, cheas de actividades para todas as idades coas que desfrutar durante os días de vacacións de Nadal.
A apertura das mesmas, que estarán instaladas na Alameda e no Parque Eguren contará con un estrito protocolo da covid para poder garantir que estas actividades se desenvolvan con toda a seguridade”.
En ambas carpas, haberá unha toma de temperatura antes de entrar, estaciones de hixiene á entrada de cada instalación con xel hidroalcohólico, limpeza de mans e protocolo estrito para todos os monitores e máquina de renovación de aire e de ozono, así como sinalización con carteles nos que se poden ler todas as medidas. Ademais, o uso das mascarilla será obrigatorio, excepto para os nenos de menos de seis anos que vaian á carpa infantil, para os que só estará recomendado. Asemade, desinfectarase o material de xeito frecuente e establecéronse aforos: 160 persoas para a carpa infantil e 200 para a do Parque Eguren.
No caso da Alameda, o acceso estará restrinxido aos nenos e nenas, sen que poidan entrar familias, precisamente para poder aproveitar o aforo dispoñible e ter os grupos organizados polo amplo equipo de monitoraxe que estará ao cargo da rapazada dentro da carpa.
As quendas serán de 11.30 a 12.20, de 12.30 a 13.20, de 17.00 a 17.50, de 18.00 a 18.50, de 19.00 a 19.50 e de 20.00 a 20.50; deixando 10 minutos entre quenda e quenda para desaloxar e desinfectar.
No caso do Parque Eguren, non haberá quendas estipuladas, pero poderán establecerse no caso de que o equipo de monitores e de organización o considere preciso para velar polo cumprimento do aforo en todo momento. O horario no caso desta carpa será de 12.00 a 14.00 e de 17.30 a 21.30 horas. En ambos casos, as carpas estarán pechadas os días 25 e 1, e só abrirán pola tarde o 20, 21 e 22 de decembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario