jueves, 9 de diciembre de 2021

MARÍN. ÚLTIMA HORA. O BNG DENUNCIA UN ATAQUE VANDÁLICO A SÚA SEDE DA VEIGUIÑA

Os vándalos arrincaron os carteis e a bandeira que colgaban na fachada

MARÍN. 10.12.2021. A sede do BNG de Marín sufriu un ataque no que foi arrincada tanto a placa co seu logo  e os carteis existentes na entrada do local -Praza da Veiguiña- e os colgados no balcón ademási da bandeira. A Portavoz Municipal do BNG, Lucía Santos, afirma que o ataque limitouse ao exterior da sede, mais “non foi un acto improvisado, senón unha acción planificada para roubar e ocultar a mensaxe do BNG, un intento de limitar a nosa acción política e tentar infundir medo entre a militancia.” No é esta a primeira vez que BNG sofre este tipo de atentados. 

Lucía Santos declara que xa se fixo a oportuno denuncia e manifesta que  “as persoas responsábeis desta acción deben saber que non nos van facer calar. Este tipo de actuacións antidemocráticas o único que fan é autoafirmarnos nos nosos principios e na nosa determinación para continuar co noso traballo a prol de Marín e da nosa Terra”. (Ler máis)


No hay comentarios:

Publicar un comentario