domingo, 5 de diciembre de 2021

MARÍN. A ENTREVISTA DO DOMINGO. HOXE: XURXO AGRA, NOVO RESPONSÁBEL DO CONSELLO LOCAL DO BNG

"En relación coas vindeiras eleccións municipais estamos ante un escenario tremendamente ilusionante, nun contexto moi diferente ao das pasadas eleccións..."

O entrevistado, Xurxo Ara Dopazo

MARÍN. 05.12.2021. Xurxo Agra do Pazo, activista social, cultural e político,.foi elexido de novo como Responsábel Local do BNG de Marín, cargo que xa había ocupado entre os anos 2017 e 2019,. A súa elección leva a unha renovación do Consello Local “onde destaca a combinación da mocidade e a experiencia aportada por militantes históricos e será o encargado de dirixir a organización local no futuro máis inmediato e preparar as vindeiras eleccións municipais.” Do por qué desta reelección e das metas que se marca fálanos o novo responsábel na seguinte entrevista:
P - A qué ven esta renovación. Que motivos levaron a este cambio?
R - Tras a recente realización da XVII Asemblea Nacional o BNG abriu un proceso de renovación dos órganos a todos os niveis da organización, que no noso concello concluíu coa miña elección como novo Responsábel Local e a renovación do Consello Local.
P - ¿Cómo acolles tan grande responsabilidade?
R -  “Cunha enorme ilusión, sabendo que conto co apoio do Consello Local dispoto a dar o mellor e gradecendo o apoio e confianza da militancia local.
P - ¿Quenes forman a lista do novo Consello?
R - Un grupo de compañeiros e compañeiras no que a característica máis importante é a combinación de mocidade, moi cualificada e preparada, coa experiencia organizativa e institucional aportada por militantes históricos como son: Pablo Blanco Agraso, Esther Crespo Igrexas (ex concelleira), Celia García Santomé, Luciano Guimeráns Pazos (ex concelleiro), Lucía Santos Omil (actual concelleira e portavoz do BNG) e Sara Piñeiro Tenorio, como representante de Galiza Nova.
P - ¿Cal e a meta que vos propoñedes?
R - O novo Consello Local será o encargado de dirixir o futuro máis inmediato do BNG de Marín, e nomeadamente preparar as vindeiras eleccións municipais de 2023. En canto á liña a seguir neste nova etapa será continuísta co traballo que se ven realizando nos últimos anos: traballo institucional construtivo e positivo mais moi firme na nosa función de oposición ao grupo de goberno do PP. E por suposto seguir en contacto permanente coa veciñanza con presenza constante na rúa.
P - E con vistas as próximas elecciòns municipais...
R - En relación coas vindeiras eleccións municipais estamos ante un escenario tremendamente ilusionante, nun contexto moi diferente ao das pasadas eleccións.. Neste momento o BNG é a segunda forza no Parlamento Galego, con moita diferenza. Somos unha organización que está a alza, situación, que tamén palpamos a nivel local cunha corrente de simpatía na rúa e a afiliación de numerosas persoas nos últimos meses. Todo elo permitiranos recuperar a presenza perdida nas eleccións de 2019 como consecuencia da mala situación xeral na que se atopaba o BNG dada a inconcebíbel fragmentación da esquerda local, que lle entregou en bandexa o triunfo ao PP. En 2023 agardamos ser o axente principal do cambio que Marín tanto precisa.”
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario